Segundo Moreno Barcia, nado en Ribadeo o 21 de outubro de 1841 e finado na Coruña o 27 de abril de 1909, foi un avogado, profesor e político galego.

Traxectoria miniatura|Tumba de Moreno Barcia no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Foi profesor e, porteriormente director na Escola Naútica de Ribadeo.Durán (1973), p. 33 Tamén foi avogado, comerciante, fundador e director do periódico local La Cuenca del Eo (1866-67). Defendeu a doutrina liberal e pertenceu á Xunta Revolucionaria de Ribadeo logo da caída do réxime isabelino. Liderou o federalismo e defendeu a descentralización rexional e a secularización dentro do Partido Republicano.

Nas eleccións xerais de 1873, foi elixido deputado polo distrito de Ribadeo (1873-1874). Foi un dos redactores, do Partido Federal de Galicia, do Proxecto de Constitución para o futuro Estado galego de 1887, aínda que xa o propuxera el catro anos antes. En 1907 incorporouse a Solidaridad Gallega. Foi socio da Institución Libre de Enseñanza e un dos referentes do librepensamento e anticlericalismo coruñés.

Tamén foi masón, da logia Brigantina nº 24 da Coruña,López Castillo (2014), p. 20 e xunto con Braulio F. Reino, foi un dos Grandes Mestres da Gran Logia Simbólica Galaica, de tendencia republicana federalista.Álvarez Lázaro (2005), p. 155

Era tío de Augusto Barcia Trelles.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Moreno González, Xoán Manuel. "MORENO BARCIA, Segundo" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Outros artigos

Solidaridad Gallega Augusto Barcia Trelles

Ligazóns externas "Os inicios do laicismo escolar en Ferrol e A Coruña (1887-1906)" Ana Romero Masiá

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1909 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Masóns de Galicia