Slowdive é unha banda inglesa de shoegaze formada no ano 1989 en Reading. Estivo composta principalmente por Nick Chaplin (baixo), Rachel Goswell (voces, guitarra), Neil Halstead (voces, guitarra) e Christian Savill (guitarra). Varios baterías tocaron no grupo, incluídos Ian McCutcheon, Adrian Sell, e, o máis destacado Simon Scott, que tocou nos seus dous primeiros álbums e no último, homónimo da banda. Halstead é o seu principal compositor.

Goswell e Halstead coñecíanse xa dende a súa infancia en Reading, Berkshire, cando Goswell era unha seareira obsesiva de The Smiths. Scott deixou o grupo en 1994 e cando Savill e Chaplin marcharon despois do lanzamento de Pygmalion, os restantes membros cambiaron o nome do grupo para Mojave 3.

A banda reuniuse en 2014 anunciando que tocaría no festival Primavera Sound de Barcelona,http://www.slowdiveofficial.com/ e publicou un álbum autotitulado en 2017, o primeiro en 22 anos. O seu quinto traballo de estudio, Everything Is Alive, apareceu no ano 2023 e converteuse no primeiro álbum de Slowdive no top 10, conseguíndoo en Alemaña, Bélxica, Nova Zelandia, os Países Baixos e o Reino Unido.

Influencias e estilo O xornalista musical Simon Reynolds escribiu que "Halstead estivo máis influenciado por Pink Floyd que polos Sex Pistols. As experiencias pop formativas de Slowdive inclúen grupos post-punk como The Cure e Siouxsie and the Banshees, cuxo enfoque artístico era máis próximo aos grupos progresivos dos anos 70 que ao minimalismo furioso do punk". Halstead afirmou que Slowdive quería "crear algo grande e fermoso e, en certo xeito, atemporal". Outros nomes que el e Goswell mencionaron foron David Bowie, The Byrds, The Rolling Stones, Cocteau Twins, My Bloody Valentine e o primeiro álbum de The Jesus and Mary Chain, Psychocandy (1985). A banda favorita do baixista Nick Chaplin é The Cure, que tamén se manifestou na música de Slowdive.

O seu son foi descrito como shoegaze, dream pop"A Different Tune: Greg Araki in his All Splendor". CMJ. 88 (75): 72. Novembro de 1999"Mojave 3". Spin. 124 (17): 28. Xaneiro de 2001 e ambient."Slowdive". The New Yorker. Vol. 79. 2003

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Just for a Day 1991 Creation Records/SBK Souvlaki 1993 Creation Records/SBK Pygmalion 1995 Creation Records/EMI Slowdive 2017 Dead Oceanseverything is alive2023Dead Oceans

EP Título Ano Selo Slowdive 1990 Creation Records Morningrise 1991 Creation Records Holding Our Breath 1991 Creation Records Outside Your Room 1993 Creation Records 5 1993 Creation Records

Sinxelos Título Ano Álbum Catch the Breeze / Shine 1991 Just for a Day She Calls (Slowdive) / Leave All Them Behind (Ride) 1992 Just for a Day / Going Blank Again Beach Song 1992 — Alison 1994 Souvlaki Star Roving 2017 Slowdive Sugar for the Pill 2017 Slowdive

Recompilatorios Título Ano Selo Blue Day 1992 Creation Records Catch the Breeze 2004 Sanctuary Midline The Shining Breeze 2010 Cherry Red

Notas

Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais do condado de Berkshire Categoría:Grupos musicais formados en 1989 Categoría:Artistas de Creation Records