Folketinget é o nome da cámara parlamentaria de Dinamarca. A partir do ano 1953 é a única cámara do país, froito dun cambio da constitución. No período 1849-1953 existiron dúas cámaras, Landstinget e Folketinget.
Composición Folketinget ten 179 membros elixidos por un máximo de 4 anos. Destes, dous deputados son elixidos por Groenlandia, e outros dous polas Illas Feroe, dado que forman parte do reino de Dinamarca, chamado Rigsfællesskabet en dinamarqués, como dúas rexións autónomas.
Sede
Folketinget ten a súa sede en Christiansborg na illa de Slotsholmen da capital dinamarquesa de Copenhaguen.
miniatura|Christiansborg|centro
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial de Folketinget
Categoría:Parlamentos Categoría:Política de Dinamarca