Os Lions son un equipo profesional de rugby fundado en 1996, que compite no Super Rugby representando á rexión de Transvaal (Suráfrica), e que ten a súa sede na cidade de Xohanesburgo. O equipo dos Lions que xoga na primeira metade do ano no Super Rugby está construído sobre a base dos Golden Lions que disputan a Currie Cup surafricana na segunda metade do ano, e ámbolos dous equipos están gobernados pola Transvaal Rugby Union. Estadio Os Lions xogan os seus encontros como locais no estadio Ellis Park de Xohanesburgo, un recinto inaugurado en 1928, chamado así polo inventor do rugby (William Webb Ellis), que ten capacidade para acoller 59.611 seareiros nas súas bancadas. Os Lions comparten este estadio cos Golden Lions da Currie Cup e co equipo de fútbol dos Orlando Pirates. O estadio Ellis Park acolleu a final da Copa do Mundo de Rugby 1995 na que a Selección de rugby de Suráfrica acadou o seu primeiro título mundial. Xogadores Actualmente estes son os xogadores que compoñen o equipo dos Lions: 1ª Liña Ruan Dreyer Corné Fourie Julian Redelinghuys Pieter Scholtz Dylan Smith Jacques van Rooyen

Talonadores Robbie Coetzee Malcolm Marx Ramone Samuels Akker van der Merwe

2ª Liña Lourens Erasmus Andries Ferreira Robert Kruger MB Lusaseni Franco Mostert Martin Muller 3ª Liña Ruan Ackermann Fabian Booysen Cyle Brink Stephan de Wit Jaco Kriel Ruaan Lerm Warwick Tecklenburg Warren Whiteley (c)

Medios Melé Ross Cronjé Faf de Klerk Dillon Smit

Aperturas Marnitz Boshoff Ashlon Davids Elton Jantjies Jaco van der Walt Centros Stokkies Hanekom Rohan Janse van Rensburg Lionel Mapoe Howard Mnisi Jacques Nel Harold Vorster

Ás Ruan Combrinck Sampie Mastriet Courtnall Skosan Anthony Volmink

Zagueiros JW Bell Andries Coetzee Sylvian Mahuza

Traxectoria A traxectoria dos Lions no torneo Super Rugby pode ser considerada como moi mala, xa que rematou último na clasificación ata en 5 ocasións, cifra récord, e tan só tivo 3 participacións que se poidan cualificar como boas, nos anos 1997, 2000 e 2001. Nas tempadas restantes sempre tivo mais derrotas que vitorias. miniatura|Ellis Park, fogar dos Lions. TempadasPos.XogadosGañadosEmpatesDerrotasPuntos+Puntos-DiferenzaBonusPUNTOS Playoffs201114º163012351477-126729201014º130013270585-31555200912º13409294419-125925200814º132110206367-161212200712º13508175284-109222200613º132110220405-185515200511º11119226326-100713200412º111010294459-165711200312º11209259398-139412200211º11109217370-1532620013º11704285244+41634(caeu nas semifinais fronte ós Sharks)20004º11704320334-14432(caeu nas semifinais fronte ós Brumbies)199911º11406312341-29622199812º11209266346-8071519975º11515302346-44628199610º11308228299-71416

Véxase tamén Outros artigos Super Rugby Johannesburgo Ellis Park Golden Lions Ligazóns externas Páxina oficial dos Lions

Categoría:Equipos de rugby de Suráfrica