é o cuarto filme da serie de anime Dragon Ball e a primeira de Dragon Ball Z. Dirixido por Daisuke Nishio, foi estreado en 1989.

Sinopse Hai moitos séculos, Kamisama competiu con Garlic por ser o sucesor do Deus da Terra. Este decatouse das malvadas intencións de Garlic e escolleu a Kamisama como o seu sucesor; irritado, Garlic rebelouse contra Deus, pero foi desterrado. 300 anos despois, o seu fillo, Garlic Jr., volveu para vingarse, reunir as Bólas do Dragón e conseguir ser inmortal. Cando buscaban as bólas, secuestran a Son Gohanda, xa que quere usa-lo seu poder e decide convertelo no seu discípulo.

Para acabar co inimigo, Piccoro e Son Goku unen as súas forzas coa intención de ter un combate a morte sen resultar vitoriosos pola inmortalidade do seu inimigo. Ó final Garlic Jr. crea un vórtice cara a Zona Morta pero Gohan desata a súa furia e logra enviar a Garlic Jr. alí.

Personaxes Son Goku Son Gohanda Piccoro Bulma Krilín Gyūmaō Chichi Mestre Mutenroi Kamisama Shenron Garlic Jr.

Personaxes exclusivos do filme Ginger Seiyū: Kōji Totani. é un dos tres guerreiros de Garlic Jr, é un demo pequeno e verde con ollos vermellos que pode sacar unhas espadas dos seus brazos para pelexar. Morre xunto con Nikkey por un Kame Hame Ha de Goku. O seu nome provén do inglés .

Nikkey Seiyū: Shigeru Chiba. é un dos tres guerreiros de Garlic Jr, é un demo azul de cabelo branco que pode sacar unha espada das súas pernas para pelexar. Morre xunto con Ginger por un Kame Hame Ha de Goku. O seu nome provén do xaponés .

Sancho Seiyū: Yukitoshi Hori. é un dos tres guerreiros de Garlic Jr, é o máis grande dos tres. É matado por Piccoro como vinganza por atacalo Ó inicio do filme. O seu nome provén do xaponés .

Música Tema de Apertura (opening) "CHA-LA HEAD-CHA-LA" por Hironobu Kageyama

Canción intermedia por Masako Nozawa (Seiyū de Son Gohanda)

Tema de peche (ending) por MANNA

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de Dragon Ball Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de 1989 con versión en galego