The Scorpion King 2: Rise of a Warrior é un filme de aventuras dirixido por Russell Mulcahy que se estreou no 2008.
Sinopse Historia do heroe Mathayus de novo, e os sucesos que o levaron a converterse no Rei Escorpión. Cando era un neno de 13 anos, Mathayus foi testemuña do rapto e asasinato do seu pai, un coñecido mercenario, por parte dun rival envexoso, Sargon. Enviado á prestixiosa academia da Orde do Escorpión Negro, Mathayus pasa os seguintes sete anos adestrándose para converterse nun loitador e nun asasino, animado polo seu voto de vingar, algún día, ó seu pai. Convencido de que a única esperanza de derrotar a Sargon consiste en recuperar a espada do Submundo, Mathayus embárcase nunha arriscada odisea sobrenatural, acompañado por unha aspirante a guerreira.
Personaxes Michael Copon como Mathayus (O rei escorpión) Karen David como Layla Simon Quarterman como Ari Tom Wu como Fong Andreas Wisniewski como Pollux Randy Couture como Sargon Natalie Becker como Astarte Jeremy Crutchley como Baldo Shane Manie como Jesup
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Suráfrica Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Suráfrica Categoría:Filmes ambientados no Antigo Exipto Categoría:Filmes de capa e espada