O Teatro da Beneficencia é un recinto cultural situado na á leste do convento de San Domingos de Ortigueira. Destacan os seus frescos realizados en 1892 por Vicente Martínez. En 1991 foi reinaugurado trala súa remodelación.
Características O teatro ten unhas dimensións de 35 x 6,5 metros, con escena, palco e paraíso.
Historia esquerda|miniatura|Frescos no Teatro.
O Teatro da Beneficencia está na á leste do edificio conventual de San Domingos de Ortigueira, a sala era empregada antigamente polos monxes para almacenar viño e leña. Un grupo de veciños promoveu no século XIX as obras que converteron estas dependencias nun recinto cultural. Froito desta iniciativa, e grazas ás achegas económicas dos habitantes da vila, inaugurouse en 1850 o Teatro da Beneficencia. Vinte e cinco anos despois, o Concello asumiu os traballos que lle deron o aspecto que hoxe presenta. Só faltaban daquela o pano do escenario e as pinturas que decoran o teito, realizadas na década final do século XIX, obra de Vicente Martínez Laxe en 1892 -teñen un predominio dos tons claros e dos corpos medio espidos- e Pedro Castiñeiras –panorámica da vila-. Ámbolos dous eran artistas locais.
O Teatro rexuveneceuse seguindo a planificación conxunta de Gerardo Salvador Molezún, Rafael Baltar Tojo, José A. Bartolomé Argüelles e Carlos Almuíña Díaz, e reinaugurouse en 1991.
Véxase tamén Ligazóns externas Teatro da Beneficencia na páxina web do Concello de Ortigueira
Beneficencia Categoría:Ortigueira