O Sinn Féin (en galego, Nós ou Nós mesmos, traducido erroneamente Nós sós) é un partido político irlandés de ideoloxía republicana, nacionalista e socialdemócrata. Concorre ás eleccións nos dous territorios nos que está dividida a Illa: na República de Irlanda e en Irlanda do Norte (dependente do Reino Unido).
A organización orixinal do Sinn Féin foi fundada o 28 de novembro de 1905 por Arthur Griffith, pero dende entón dividiuse en varias ocasións, orixinando a consecuencia da guerra civil irlandesa aos dous partidos tradicionalmente dominantes da política do sur de Irlanda: Fianna Fáil, e Cumann na nGaedheal (hoxe en día chamado Fine Gael).
O partido contemporáneo Sinn Féin tomou a súa forma en 1970 tras outra división (unha facción acabou converténdose no Partido dos Traballadores de Irlanda). Mary Lou McDonald converteuse en presidenta do partido en febreiro de 2018.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Sinn Féin Sitio oficial do "Ireland of Equals" do Sinn Féinn Sitio da delegación do Sinn Féin para o grupo GUE/NGL no Parlamento Europeo Sitio web original do Sinn Féin