A adicción á pornografia, tamén chamada pornodependencia, é unha forma de compulsión caracterizada polo abuso da visión de pornografía, con ou sen masturbación, que comporta unha diminución da calidade de vida persoal ou familiar. A masturbación compulsiva forma parte nun concepto máis amplo desta adicción.

A aplicación dos modelos de adicción ó consumo de pornografía é polémica dende o punto de vista científico. O uso de pornografía pode considerarse parte dunha compulsión, con efectos negativos para o benestar físico, mental, social ou financeiro. Malia que a Organización Mundial da Saúde recoñeceu en 2022 (ICD-11) a existencia da conduta sexual compulsiva, un tipo de trastorno do control dos impulsos, esta non constitúe unha adicción. Así mesmo, o manual de diagnóstico DSM-5 da Asociación Estadounidense de Psiquiatría non clasifica o consumo compulsivo de pornografía como unha enfermidade mental ou unha adicción condutual.

O consumo excesivo de pornografía a través da internet, tamén chamado uso problemático da pornografía (UPP), é a idea de que o visionamento de pornografía na internet pode resultar un problema para un individuo por razóns persoais ou sociais, entre as que se inclúen dedicar un tempo excesivo a ver pornografía no canto de interactuar cos demais ou como mecanismo para facilitar a procrastinación. Os suxeitos poden sufrir de depresión, illamento social, perda do traballo, diminución da produtividade ou consecuencias financeiras como resultado da interferencia do UPP coas súas vidas sociais.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas "Porn Addiction Test"

Categoría:Pornografía