Shawn Robert Ashmore, nado o 7 de outubro de 1979 en Richmond, Columbia Británica, é un actor de cine e televisión canadense recoñecido internacionalmente polas súas actuacións como "Jake" na serie de televisión Animorphs e como o "Home de xeo" nos filmes de X-Men. É o irmán xemelgo do actor Aaron Ashmore, co quen ten compartido papeis nalgúns filmes.

Traxectoria Comezou a súa carreira interpretando Bobby Drake- Home de Xeo, no filme X-Men (2000), pero nesa primeira parte da triloxía só tivo un papel curto. En 2003 volveu facer o mesmo papel cunha participación maior, sendo mozo de Pícara (papel interpretado por Anna Paquin), e amigo de Pyro, (personaxe de Aaron Stanford).

En 2005 actuou en The Quiet e en Undercassman. No 2006 volveu á pel de Bobby Drake no filme X-Men: The Last Stand, tendo que se enfrontar a problemas sentimentais con Pícara e Kitty Pryde (Ellen Page).

Tamén participou no episodio 12 da primeira tempada da serie Smallville, onde fixo de Eric, un rapaz que consegue os poderes de Clark Kent (interpretado por Tom Welling), grazas a un raio que cae nos dous.

Filmografía Filmes Ano Filme Papel Notas 1991 Married to It Estudante 1993 Gross Misconduct Brian "Spinner" Spencer (novo)Telefilme 1994 Guitarman Waylon Tibbins 1995 Long Island Fever Donny 1997 Promise the Moon Leviatus Bennett Any Mother's Son Billy Melanie Darrow David Abbott 1998 Animorphs Jake Berenson The Hairy Bird Fotógrafo 1999 At the Mercy of a Stranger DannyTelefilme Dear America: The Winter of Red Snow Ben Valentine 2000 X-Men Bobby Drake / Home de xeo 2001 The Big House Trevor BrewsterTelefilme Blackout Primoxénito Wolf Girl Beau 2002 Past Present rapaz da facultade Cadet Kelly Brad Disney Channel Original Movie 2003 X2 Bobby Drake / Home de xeo 2004 Legend of Earthsea Ged Telefilme 2005 Underclassman Rob Donovan 3 Needles Denys Terry Terry Fox Telefilme The Quiet Connor Kennedy 2006 X-Men: The Last Stand Bobby Drake / Home de xeo 2008 Solstice Christian The Ruins Eric 2009 Diverted Mike Stiven Telefilme 2010 Frozen Joe Lynch Hatchet II Pescador Flashback cameo Mother's Day George Barnum The Story of Bonnie and Clyde Ralph Fults

Televisión Ano Filme Papel Notas 1989 Katts and Dog 1992 The Ray Bradbury Theater Charlie 1997 Flash Forward Gord Fast Track young Chandler 1999 The City Real Kids, Real Adventures Aaron Hall 2000 Earth: Final Conflict Max 1998–2000 Animorphs Jake Berenson 2000 The Famous Jett Jackson Chet In a Heartbeat Tyler Connell 2001 The Outer Limits Morris Shottwell Smallville Eric Summers 2009 The Super Hero Squad Show Home de xeo 2010 Bloodletting & Miraculous Cures Fitz Mini-seriesProdutor executivo Fringe Joshua Rose 2013 The Following Axente Mike Weston Elenco principal

Videoxogos Ano Xogo Papel Notas 2006 X-Men: The Official Game Home de xeo

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Actores de televisión do Canadá Categoría:Actores infantís do Canadá Categoría:Produtores de cinema do Canadá Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados na Columbia Británica Categoría:Canadenses de ascendencia inglesa