Acontecementos O poeta galego Eduardo Pondal publica, na Coruña, o poema "A campana d'Anllóns". O mecánico Charles Fey de San Francisco inventa a primeira máquina comecartos a que puxo de nome Liberty Bell. 9 de febreiro - Invención do voleibol nos Estados Unidos. 22 de decembro - Röntgen fai a primeira radiografía da historia. 28 de decembro - Os irmáns Lumière mostran por primeira vez ao público o filme L'Arrivée d'un Train en Gare, no Grand Café, no Boulevard des Capucines. É considerada a data do nacemento do cine pola maioría dos historiadores. miniatura|175px|La Tierra Gallega, periódico bisemanal de intereses regionales. n.º 60. 10/3/1895. Nacementos 23 de xaneiro - Juan Tizón Herreros, escritor e político galego (m. 1945). 14 de abril - José Rodríguez de Vicente, xornalista e actor galego (m. 1958). 5 de maio - Francisco Pérez Leirós, político e sindicalista galego (m. 1971). 18 de maio - Augusto César Sandino, revolucionario nicaraguano (m. 1934). 26 de maio - Manuel García Paz, escritor galego (m. 1990). 26 de maio - Dorothea Lange, fotoxornalista estadounidense (m. 1965). 2 de xullo - Luís Iglesias Iglesias, científico galego. 9 de xullo - Fuco Gómez, escritor e político galego (m. 1972). 12 de xullo - Richard Buckminster Fuller, enxeñeiro e inventor estadounidense. 24 de xullo - Robert Graves, escritor británico (m. 1985). 26 de agosto - Jerzy Kurylowicz, lingüista polaco. 18 de setembro - Xosé Mosquera Pérez, mestre galeguista (m. 1965). 4 de outubro - Richard Sorge, espía da Unión Soviética. 10 de outubro - Lin Yutang, escritor chinés (m. 1976). 9 de novembro - Xoán Xesús González, xornalista, avogado e político galego (m. 1936). 12 de novembro - Dolores Ibárruri «la Pasionaria», dirixente do Partido Comunista de España (m. 1989). 14 de decembro - Pepito Arriola, músico galego (m. 1954). 17 de decembro - Ánxel Casal, editor e político galego. 18 de decembro - Luís Pimentel, poeta galego.
Mortes 26 de xaneiro - Arthur Cayley, matemático británico (n. 1821) 5 de marzo - Henry Rawlinson, soldado e orientalista británico (n. 1810). 9 de marzo - Leopold von Sacher-Masoch, escritor e xornalista austríaco (n. 1836). 19 de maio - José Martí, líder do movemento de independencia de Cuba. 22 de maio - Isaac Peral, científico e mariño español (n. 1851). 30 de xuño - Jacinto Romualdo López, escritor e político galego (n. 1808). 6 de xullo - Giuseppe Prinzi, escultor italiano (n. 1825). 5 de agosto - Friedrich Engels, intelectual parceiro de Karl Marx (n. 1820). 26 de agosto - Friedrich Miescher, biólogo suízo (n. 1844). 26 de setembro - Juan Manuel Paz Novoa, xornalista e político galego. 28 de setembro - Louis Pasteur, químico e microbiólogo francés (n. 1822).
Categoría:1895