O escaravello da pataca (Leptinotarsa decemlineata) é un insecto coleóptero da familia dos crisomélidos. É unha praga importante para os cultivos de pataca. Mide uns 10 mm, ten un dorso de cor amarela/laranxa con cinco raias negras lonxitudinais en cada élitro (en total dez). Son orixinarios das Montañas Rochosas, pero estendéronse polos campos de patacas de toda América do Norte e de Europa e parte de Asia desde 1859.

Taxonomía miniatura|Leptinotarsa decemlineata, espécime adulto

O primeiro que observou o escaravello da pataca foi Thomas Nuttall en 1811, pero non foi descrito formalmente ata 1824 polo entomólogo norteamericano Thomas Say.; see pp. 453–454: "Doryphora, Illig.: D. 10-lineata". Estes primeiros espécimes foron recollidos nas Montañas Rochosas, onde se alimentaban da planta silvestre Solanum rostratum, que é do mesmo xénero que a pataca. O xénero Leptinotarsa clasifícase dentro da familia Chrysomelidae, subfamilia Chrysomelinae, tribo Chrysomelini.

Descrición

Os escaravellos adultos miden de 6 a 11 mm de longo e uns 3 mm de largo. Pesan 50-170 mg. Os escaravellos son de cor laranxa/amarela con 10 liñas características negras nos élitros, cinco en cada un. Desta característica deriva o nome decemlineata (de dez liñas) que ten. Os escaravellos adultos poden confundirse cos seus conxéneres L. juncta, que non son unha praga agrícola. L. juncta tamén ten liñas alternantes negras e brancas no dorso, pero unha das liñas brancas do centro de cada élitro é substituída por unha liña marrón clara.

As larvas rosas alaranxadas teñen un grande abdome de 9 segmentos, cabeza negra e uns espiráculos prominentes e pode medir ata 15 mm de lonxitude no seu estadio larval final. A larva pasa por catro estadios ou ínstares. A cabeza é sempre negra en todos os estadios, mais o pronoto cambia de cor, que pasa de ser negra no primeiro e segundo estadios larvais a marrón alaranxada no terceiro. No cuarto estadio, aproximadamente a metade do pronoto é de cor marrón clara. Esta tribo caracterízase dentro da súa subfamilia por ter corpos convexos de forma oval ou redonda, que adoitan estar brillantemente coloreados, garras simples que se separan na base, cavidades abertas detrás das procoxas e ter un segmento apical variable dos palpos maxilares.

Distribución

A especie é nativa dunha área entre o estado de Colorado (EUA) e o norte de México e foi descrita en 1824 por Thomas Say a partir de exemplares atopados nas Montañas Rochosas. Vive en Norteamérica e está presente hoxe en todos os estados e provincias excepto Alasca, California, Hawai e Nevada. Ten agora unha ampla distribución en Europa e Asia, totalizando unha área de distribución de 16 millóns de km2.

A súa primeira asociación coa planta da pataca (Solanum tuberosum) non se fixo ata 1859, cando empezou a destruír colleitas na rexión de Omaha, Nebraska. Espallouse cara ao leste rapidamente, a unha distancia media de 140 km por ano. En 1874 xa chegara á costa Atlántica. Desde 1871, o entomólogo norteamericano Charles Valentine Riley advertiu aos europeos da posibilidade dunha infestación accidental causada polo transporte do escaravello polo comercio desde América. Desde 1875, varios países occidentais europeos, como Alemaña, Bélxica, Francia e Suíza, prohibiron as importacións de patacas americanas para evitar a infestación por L. decemlineata.

Estes controis demostraron non ser efectivos, xa que o escaravello rapidamente chegou a Europa. En 1877, L. decemlineata chegou ao Reino Unido e rexistrouse primeiro nos peiraos de Liverpool, pero non conseguiu establecerse. Producíronse moitos máis gromos, pero a especie puido erradicarse no Reino Unido polo menos 163 veces. O maior gromo foi en 1976. Segue sendo unha praga de corentena notificable nese país e monitorízaa o DEFRA para impedir que poida establecerse. Unha análise de custo-beneficio de 1981 suxería que o custo das medidas utilizadas par excluír a L. decemlineata do Reino Unido era menor que os posibles custos de control se consegue establecerse.

Noutras partes de Europa, o escaravello estableceuse preto das bases militares dos Estados Unidos de Bordeos, Francia durante ou inmediateamente despois da primeira guerra mundial e espallárase ao principio da segunda guerra mundial a Bélxica, Países Baixos e España. A súa poboación incrementouse drasticamente durante e inmediatamente despois da segunda guerra mundial e estendeuse cara ao leste e agora atópase na maioría do continente. Despois da segunda guerra mundial, na zona de ocupación soviética de Alemaña, case a metade dos campos de patacas estaban infestados polo escaravello en 1950. Anos despois, no que xa se chamaba Alemaña Oriental, eran coñecidos como Amikäfer ('escaravellos yankees') seguindo a propaganda gobernamental que afirmaba que os escaravellos eran tirados nos campos desde avións norteamericanos. Na Unión Europea, segue sendo unha praga (de corentena) regulada na República de Irlanda, illas Baleares, Chipre, Malta e partes sur de Suecia e Finlandia. Non está establecida en ningún deses países, pero poden ocorrer infestacións ocasionais cando, por exemplo, o vento transporta adultos desde Rusia a Finlandia.

Este escaravello ten o potencial de espallarse a áreas temperadas do leste de Asia, a India, Suramérica, África, Nova Zelandia e Australia.

Ciclo de vida

As femias do escaravello da pataca son moi prolíficas e poden poñer uns 500 ovos nun período de 4 a 5 semanas. Os ovos son de amarelos a laranxas e de aproximadamente 1 mm de longo. Xeralmente deposítanse en lotes duns 30 na parte inferior das follas. O desenvolvemento de todos os estadios vitais depende da temperatura. Pasados 4–15 días os ovos fan eclosión liberando larvas marróns avermelladas con dorsos xibosos e dúas ringleiras de manchas marróns escuras a cada lado. Aliméntanse das follas da súa planta hóspede. As larvas progresan pasando por catro estadios de crecemento (ínstares). As do primeiro estadio miden uns 1,50 mm de longo e os do cuarto e último miden 8 mm. Os tres primeiros estadios duran cada un uns 2 ou 3 días; o cuarto dura de 4 a 7 días. Unha vez acadado o tamaño completo, o cuarto estadio pasa varios días como prepupa que non se alimenta, que pode recoñecerse pola súa inactividade e coloración máis lixeira. As prepupas caen ao chan e entérranse a unha profundidade de varios centímetros e despois pupan. En de 5 a 10 días, os escaravellos adultos saen ao exterior para alimentarse e aparearse. Este escaravello pode así pasar de ovo a adulto en só 21 días Dependendo da temperatura, condicións luminosas e calidade do hóspede, os adultos poden entrar en diapausa e atrasar a súa saída ata a primavera. Despois regresan ás súas plantas hóspede para aparearse e comer; os adultos que pasaron o inverno poden empezar a aparearse 24 horas despois da súa saída en primavera. Nalgunhas localidades hai tres ou máis xeracións en cada tempada de crecemento.

Comportamento e ecoloxía Dieta

L. decemlineata ten unha forte asociación coas plantas da familia Solanaceae, especialmente as do xénero Solanum. Está directametne asociada con: Solanum rostratum, Solanum nigrum (herba moura), Solanum melongena (berenxena), Solanum dulcamara (dulcamara), Solanum luteum, Solanum tuberosum (pataca) e Solanum elaeagnifolium. Está tamén asociada con outras plantas desta familia, concretamente as especies Solanum lycopersicum (tomate) e as do xénero Capsicum (pemento).

Predadores miniatura|Coleomegilla maculata depredando ovos de escaravello da pataca.

Polo menos 13 xéneros de insectos, tres familias de arañas, un falánxido (Opiliones), e un ácaro foron recoñecidos como predadores xeneralistas ou especializados de varios dos estadios de L. decemlineata. Entre estes están o carábido Lebia grandis, os coccinélidos Coleomegilla maculata e Hippodamia convergens, os pentatómidos Perillus bioculatus e Podisus maculiventris, varias especies do xénero de neurópteros Chrysopa, a avespa do xénero Polistes e o xénero de nábidos Nabis.

O escaravello predador Lebia grandis é predador de ovos e larvas de L. decemlineata e as súas larvas son parasitoides das pupas. Un adulto de L. grandis pode comer ata 23 ovos ou 3,3 larvas nun só día.

Nun experimento de laboratorio utilizouse o Podisus maculiventris como unha ameaza depredadora para as femias de L. decemlineata, o que tivo como resultado a produción de ovos tróficos inviables xunto con ovos viables; esta resposta a un predador asegura que esa comida adicional está dispoñible para os fillos que acaban de facer eclosión, incremenando a súas taxas de supervivencia. O mesmo experimento demostrou tamén o canibalismo sobre os ovos non eclosionados das larvas novas de L. decemlineata como unha resposta antipredador.

+ Exemplos de parasitoides, predadores e patóxenos de diferentes estadios de Leptinotarsa decemlineataPara unha lista máis completa de predadores naturais, patóxenos e parasitoides, ver aquí. Tipo Especie Orde Predados Localización Referencia Parasitoide Chrysomelobia labidomerae Acari Adultos EUA, México Edovum puttleri Hymenoptera Ovos EUA, México, Colombia Anaphes flavipes Hymenoptera Ovos EUA Myiopharus aberrans Diptera Ovos EUA Myiopharus doryphorae Diptera Larvas EUA, Canadá Meigenia mutabilis Diptera Larvas Rusia Megaselia rufipes Diptera Adultos Alemaña Heterorhabditis bacteriophora Nematoda Adultos Cosmopolita Heterorhabditis heliothidis Nematoda Adultos Cosmopolita Predador Lebia grandis Coleoptera Ovos, larvas, adultos EUA Hippodamia convergens Coleoptera Ovos, larvas EUA, México Euthyrhynchus floridanus Hemiptera Larvas EUA Oplomus dichrous Hemiptera Ovos, larvas EUA, México Perillus bioculatus Hemiptera Ovos, larvas, adultos EUA, México, Canadá Podisus maculiventris Hemiptera Larvas EUA Pselliopus cinctus Hemiptera Larvas EUA Sinea diadema Hemiptera Larvas EUA Stiretrus anchorago Hemiptera Larvas EUA, México Patóxeno Bacillus thuringiensis subsp. tenebrionis Bacillales Larvas EUA, Canadá, Europa Photorhabdus luminescens Enterobacterales Adultos, larvas Cosmopolita Spiroplasma Entomoplasmatales Adultos, larvas América do Norte, Europa Beauveria bassiana Hypocreales Adultos, larvas EUA

Praga agrícola

miniatura|Noticiario holandés de 1947

Praga dos cultivos de patacas Arredor de 1840 L. decemlineata adoptou as patacas cultivadas dentro do seu rango de hóspedes e converteuse rapidamente na praga máis destrutiva dos cultivos de patacas. Hoxe considérase o insecto defoliador máis importante das patacas. Tamén pode causar un dano considerable ás colleitas de tomates e berenxenas e tanto adultos coma larvas aliméntanse das follas das plantas. As larvas poden defoliar as plantas de patacas causando unhas perdas de rendemento de ata o 100% se o dano ocorre antes da formación dos tubérculos. As larvas poden comer 40 cm2 de follas de patacas durante o estadio larval completo, pero os adultos poden consumir 10 cm2 de follaxe ao día.

O custo económico da resistencia a insecticidas é significativo, pero os datos publicados sobre o asunto son mínimos. En 1994, os custos totais de insecticida e perda de colleitas no estado de Míchigan, EUA foron de 13,3 millóns de dólares, representando o 13,7% do valor total da colleita. A estimación dos custos do uso de insecticidas e perda de colleitas por hectárea é de 138–368 dólares. O incremento do custo a longo prazo da industria das patacas de Míchigan causado pola resistencia a insecticidas no escaravello da pataca foi estimado en 0,9 a 1,4 millóns de dólares por ano.

miniatura|Unha larva de escaravello da pataca comendo unha folla da planta da pataca

Xestión con insecticidas