A lítote é un recurso literario no que se nega o contrario daquilo que se quere afirmar.The American Heritage Dictionary of the English Language, 4th ed. Houghton Mifflin Co, 2009. Consultado o 29 de setembro de 2010 Encarta® World English Dictionary , N.Am. ed. Microsoft Corp, 2009. Consultado o 29 de setembro de 2010 WordNet: An Electronic Lexical Database. Princeton Uni, 2010. Consultat el 29 de setembre del 2010 Por exemplo: "non chuta mal", querendo dicir que chuta ben.
As lítotes son unha forma de eufemismo que atenúa o que se quere expresar mediante un rodeo de palabras, normalmente precedidas do afverbio de negación non. Sempre é deliberado e con intención de énfase. p.680 Porén, a interpretación da negación pode dependee do contexto, incluído o contexto cultural. Nun discurso, tamén pode depender da entonación e a énfase, por exemplo, a frase "Non está mal", pode dicirse de tal xeito que signifique "mediocre" ou "excelente".
O uso do recurso da lítote aparece especificamente en certas culturas como a dos europeos do norte e é moi popular no inglés, no ruso e no francés. Son característicos da antiga poesía inglesa e das sagas islandesas e son un medio de moita contención estoica.Encyclopædia Britannica (1984) Micropædia VI p. 266 "litotes"
Notas
Categoría:Retórica e figuras da lingua