Un oxímoro, do grego antigo ὀξύμωρον, oxymoron, composto de ὀξύς (oxus, 'sabioi') e μωρός (môros, 'parvo'); en latín Contradictio in terminis é un tropo (recurso estilístico de carácter semántico), consistente nunha unión de conceptos incompatibles.
Exemplos En "Un repoludo gaiteiro" (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro)
Todas, todas, namoradas déranlle o seu pensamento
Déranlle o seu pensamento en realidade é unha metonimia (tómase unha parte das mulleres, un anaco imposible de dar, o pensamento, para indicar que se entregaron ó gaiteiro por enteiro a causa do amor que lle profesaban. Agora ben, o resultado final da metonimia aseméllase a un oxímoro (unión de conceptos incompatibles).
«Festina lente» (novela de Marcos Calveiro), significa 'apurade amodo' ou 'bulide devagar'. Un dos primeiro en adoptar esta expresión como lema persoal, segundo Suetonio, foi o emperador Augusto. Esa expresión ten equivalentes en galego ("canto máis présa máis vagar") e noutras linguas: Catalán qui més corre, fa més tard. Portugués: devagar se vai ao longe. Castelán: vísteme despacio que tengo prisa. Italiano: adagio, perché ho fretta. Inglés: more haste, less speed. Francés: Hâtez-vous lentement. O son do silencio (título da canción interpretada por Simon and Garfunkel, The Sound of Silence). O poeta morto foi inmortalizado nunha estatua. É solitario andar por entre xente (Recollido dun soneto de Camões).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Figura estilística
Categoría:Retórica e figuras da lingua