Made in Galiza é unha obra literaria de Séchu Sende, publicada en maio de 2007. Recibiu o premio Ánxel Casal da edición da Asociación Galega de Editoras dese ano"'Made in Galiza', mellor libro do ano", artigo en Vieiros, 14 de decembro de 2007..

O libro está dividido en 42 capítulos, e trata aspectos sociolingüísticos contemporáneos da lingua galega, e outros temas como a ecoloxía ou o sentido da vida.

En 2023 foi levado ao teatro por Sarabela Teatro, dirixida por Fina Calleja, coa dramaturxia de Fernando Dacosta e interpretada polo propio Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Josito Porto.

Traducións Ao turco por Xosefa Baamonde e Irfan Guler. Ao kurdo co título de Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim ("Nin en soños vou perder a miña lingua"). Recibiu o premio ao mellor libro en kurdo dese ano. As dúas traducións foron publicadas pola editorial Avesta en 2010. Ao éuscaro por Txerra Rodríguez, co título de Made in Galiza en 2012 editado por Txalaparta, Col. Amaiur. Ao catalán por Mònica Lourdes Boixader Arbo co título de La venedora de paraules en 2015 editado por Editorial RBA, Col. La Magrana.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na páxina da editorial Guía de lectura

Categoría:Obras literarias de 2007 Categoría:Novelas en galego