Titus Brandsma, nado o 23 de febreiro de 1881 como Anno Sjoerd Brandsma en Oegeklooster, Frisia (Países Baixos),Rees, 1971, p. 11. e finado no Campo de concentración de Dachau (Alemaña) o 26 de xullo de 1942, foi un sacerdote católico que loitou contra o nazismo.

Traxectoria Recibiu a ordenación sacerdotal en 1905 e ingresou na Orde de Santa María do Monte Carmelo o 17 de setembro de 1898. Licenciado en Filosofía na Universidade Gregoriana de Roma, foi profesor de filosofía e historia na Universidade católica de Nijmegen, da que foi reitor e xornalista.

Trala ocupación dos Países Baixos polas tropas alemás durante a segunda guerra mundial, denunciou publicamente ao nacionalsocialismo como unha ideoloxía pagá, pronunciouse a prol da liberdade de prensa e condenou a persecución dos xudeus. Axudou a moitos xudeus a fuxir do país. O bispado holandés encargoulle eliminar a propaganda nazi da prensa católica.

O 19 de xaneiro de 1942 foi detido pola Gestapo e levado ao campo de concentración de Dachau onde foi cruelmente torturado e finalmente asasinado o 26 de xullo do mesmo ano mediante unha inxección letal. Era falante de esperanto e formaba parte da Unión Internacional de Esperantistas Católicos. Hoxe é recoñecido como o patrón dos esperantistas católicos, xunto con Maximiliano Kolbe.Tamén era membro da asociación ecoloxista Fryske Gea e un dos fundadores da Fryske Akademy, a academia da lingua frisoa.

Foi beatificado por Xoán Paulo II o 3 de novembro de 1985.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sacerdotes católicos dos Países Baixos Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Esperantistas Categoría:Finados en 1942 Categoría:Nados en 1881 Categoría:Nados en Frisia Categoría:Finados en campos de concentración nazis Categoría:Carmelitas Categoría:Relixiosos católicos dos Países Baixos