A similicadencia ou homeoptoto (do latín similis, "igual", e do verbo cadere, "caer", que fai alusión a variación gramatical desinencial) é unha figura retórica de pensamento, consistente no uso de palabras con son semellante no mesmo accidente gramatical (verbos con mesmos sufixos).
Exemplos "Quíxente tanto meniña..." (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro)
Tan bo camiño ti leves como o caravel levou.
"Campanas de Bastavales..." (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro)
Elas tocan pra que rece eu non rezo que os saloucos afogándome parece que por min ten que rezar.
Categoría:Retórica e figuras da lingua