alt=Perfil altimétrico do río de Vilaselán|miniatura|Perfil altimétrico do río de Vilaselán. O río de Vilaselán é un río da provincia de Lugo. Transcorre enteiramente polo concello de Ribadeo.

Topografía O Río de Vilaselán nace nas 'Fontes do Lobo', na parroquia ribadense de Ove, pasando logo á de Vilaselán, onde desemboca.

É curto, de pendente grande na parte alta, e pendente media no resto, ata a súa desembocadura, onde forma un esteiro.

Bioloxía Na súa parte alta e desembocadura atópase rodeado de eucaliptos. No resto do seu percorrido predominan os prados.

Xeoloxía Fai un corte na rasa costeira, que representa a meirande parte do seu percorrido.

Medio ambiente Está abondo afectado porque nas súas fontes (as Fontes do Lobo) cóllese auga para Ribadeo, deixando só un pequeno regueiro no mellor dos casos, co que o seu caudal é mínimo na actualidade, exceptuando chuvias copiosas. Antes de percorrer 1 km pasa á beira do vertedoiro vello de Ribadeo, hoxe nominalmente pechado. Asemade, a partir do primeiro quilómetro de percorrido, recibe augas sen tratar no seu leito. Finalmente, xa case no esteiro, serve de leito para o emisario de augas de Ribadeo, ata que este sae a mar aberto.

Aproveitamento Non é aproveitado exceptuando aplicacións naturais propias.

Construcións No seu primeiro tramo só é atravesado por un par de camiños sen pontes, estando minimamente canalizado á beira do antigo vertedoiro. Logo atravesa a estrada local Ribadeo - A Devesa entubado, (e próximo á circunvalación ribadense), atopando logo á súa beira casas, a estrada N-634, outras estradas menores e camiños, todos xa con pontes. En tramos vese canalizado, e aínda un longo tramo vai entubado baixo construcións (tras pasar pola N-634).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ríos de Galicia

Categoría:Ríos cantábricos Vilaselan, Rio Categoría:Ribadeo