Meixonfrío é un lugar da parroquia de San Caetano no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago.
Está situado no norte da cidade, entre Os Vilares, o Polígono industrial do Tambre, o cemiterio de Boisaca e a estrada N-550. Nos últimos anos experimentou un importante crecemento urbanístico, coas inauguracións dos polígonos de vivendas SUNP 1 en 2007 (170 vivendas)"Meixonfrío crece con otros ciento setenta pisos de protección oficial" , artigo en El Correo Gallego, 11 de marzo de 2007 ., e SUNP 2 en 2006 (314 vivendas).
En Meixonfrío nace o río Corgo que desemboca no río Sarela.
Lugares e parroquias Lugares de San Caetano
Parroquias de Santiago de Compostela
Notas
Categoría:Lugares de Santiago de Compostela