A música barroca é un estilo da música occidental ou música clásica relacionado coa época cultural homónima en Europa. Adóitase delimitala cronoloxicamente entre a estrea da ópera de Claudio Monteverdi L'Orfeo (que foi a primeira ópera do compositor italiano e unha das primeiras obras catalogadas como tal) a principios do século XVII e a morte de Johann Sebastian Bach en 1750, se ben esta delimitación non é de todo exacta.

Este estilo tamén tivo presenza fóra de Europa, especialmente en Iberoamérica, onde as misións relixiosas nos diversos vicerreinados foron un centro de difusión. Nos territorios das actuais repúblicas de México, Bolivia, Perú , Brasil e Venezuela a música barroca mesturouse con ritmos e instrumentos indíxenas, dando lugar a expresións musicais propias como o barroco misional.

Características miniatura|'Instrumentos musicais', do pintor barroco lombardo Baschenis.|esquerda|200x200px Precedida pola música renacentista e seguido de música do Clasicismo. Caracterizado pola aparición da tonalidade e o uso do baixo continuo, o Barroco foi a época na que formas musicais como a sonata, o concerto e a ópera.

O termo barroco foi tomado de arquitectura, onde designaba algo "retorcido", unha construción "pesada, elaborada, envolta", un lusismo que describía unha perla deformada ou falsa xoia). No século XVIII utilizábase en sentido pexorativo para describir as características do estilo do século anterior, que se consideraba "baso, estraño, áspero e anticuado".

Compositores miniatura|Estatua de Johann Sebastian Bach en Mühlhausen.|esquerda|235x235px miniatura|Concerto de música barroca de The Oberlin Baroque Performance Institute Orchestra. Johann Sebastian Bach e Georg Friedrich Händel son considerados dous dos maiores compositores do período barroco e moitas veces son interpretados en programacións conxuntas. Alén da música, compartiron outro destino: os dous ficaron cegos e foron operados polo mesmo doutor.

Outros dos músicos do Barroco máis destacados son, entre outros, Johann Pachelbel, Domenico Scarlatti, Georg Philipp Telemann, Tomaso Albinoni destacan Antonio Vivaldi, Claudio Monteverdi, Henry Purcell, Dieterich Buxtehude ou Gaspar Sanz.

Notas

Véxase tamén Bibliografía DONALD J. GROUT & CLAUDE V. PALISCA: Historia de la música occidental (vol. 1 e 2), Editorial Alianza Música

Outros artigos Barroco Compositor, compositora Músico, música

Barroca Categoría:Música clásica