Sofía de Todos los Santos de Borbón y Ortiz, nada en Madrid o 29 de abril de 2007, é unha Infanta de España. É a segunda filla dos Reis de España, Filipe VI e dona Letizia e a irmá máis nova da Princesa de Asturias, Lionor, nada o 31 de outubro de 2005.

Por ser filla do herdeiro da Coroa recibe a dignidade de infanta de España e tratamento de alteza real. Ocupa o segundo lugar na Liña de sucesión ao Trono de España, e podería reinar en virtude da Constitución de 1978 se:

O Rei Filipe VI non tivese un fillo home ou, se o tivese, este renunciase á Coroa ou non tivese descendentes; A Princesa de Asturias renunciase á Coroa ou falecese sen descendentes que sobrevivisen á infanta Sofía.

A infanta Sofía naceu mediante cesárea no Hospital Ruber Internacional de Madrid ás 15:50 IMC (16:50 hora española). Pesou 3.310 gramos e mediu 50 centímetros no momento do seu nacemento.Comunicado da Casa RealA Raíña: "Non tiña nin idea de que fose chamarse Sofía" en El País

É a primeira Sofía que nace no seo da Coroa Española. O seu nome foille dado en honra á súa avoa, a Raíña Sofía, primeira Sofía na Casa Real Española.

A infanta foi bautizada co nome de Sofía de Todos los Santos con augas do río Xordán o 15 de xullo de 2007 no palacio da Zarzuela polo Arcebispo de Madrid. Os seus padriños son a súa avoa materna, Paloma Rocasolano e Konstantin de Bulgaria, íntimo amigo do Príncipe Filipe.

A infanta Sofía asistiu por primeira vez, xunto coa súa irmá a infanta Lionor, a unha recepción oficial no Palacio Real de Madrid con motivo da vitoria da Selección de fútbol de España na Copa Mundial de Fútbol de 2010 o 12 de xullo de 2010 cos Reis, os Príncipes de Asturias e a infanta Helena.

Ascendencia

</div></div>

Notas

Véxase tamén Familia real española

Categoría:Familia real española Categoría:Infantes de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 2007