Javier López Facal, nado en Toba (Cee) o 3 de agosto de 1944, é un lingüista galego, especialista en lexicografía e en grego. Traxectoria

Licenciado e doutorado en filoloxía Clásica pola Universidade Complutense de Madrid en 1971, especializouse no estudo da lingua grega antiga e en concreto nos casos en Heródoto. Como investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) traballou durante quince anos na elaboración dun dicionario grego-español aínda en elaboración, dirixido por Francisco Rodríguez Adrados. É profesor de investigación en política científica e xestión de I+D no CSIC e entre 1992 e 1994 foi secretario do Instituto Cervantes.

Como tradutor, destacan as súas traducións de clásicos da literatura grega, así como de varias obras do lingüista sueco Bertil Malmberg.

Obra Mi lenguaje (libro de texto para a EXB). La presunta autoridad de los diccionarios (2010). La hoja del olmo no es perfecta (Clave Intelectual, 2017). Traducións La lengua y el hombre (Bertil Malmberg). La América hispanohablante. Unidad y diferenciación del castellano (Bertil Malmberg). Fábulas (Esopo). La Ilíada (Homero).

Vida persoal É irmán do economista e político Xan López Facal.

Notas

Categoría:Lingüistas de Galicia Categoría:Lexicógrafos Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Escritores de Galicia Categoría: Escritores en lingua castelá Categoría: Nados en Cee Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes