César Carlos Morán Fraga, nado en Toural dos Vaos (O Bierzo) o 22 de febreiro de 1954 é un profesor, escritor e músico galego.
Traxectoria Estudou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario da Coruña continuando na Universidade de Santiago de Compostela (e cursando tamén Galego-Portugués, 1ª promoción). Foi profesor asociado da Universidade da Coruña entre 2005 e 2010. Catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES Agra do Orzán desa mesma cidade ata a súa xubilación, onde reside. Combinou desde moi novo as tarefas musicais e as literarias, colaborando con diversos artigos e traballos para prensa e publicacións periódicas (Nós Diario, Luzes de Galiza, Agália, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Unión Libre, Monfadal ou Casahamlet), radio e televisión. miniatura|César Morán con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Manuel Castelao, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez, María Xosé Queizán, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández e Francisco Salinas Portugal. Foi membro fundador de Agra, o primeiro grupo de jazz-rock con raíces folclóricas, actuando como teclista e compositor até a súa disolución en 1979. Pola mesma época traballou como músico no espectáculo O velorio do grupo de teatro Troula. En 2003 e 2004 colaborou como músico co Centro Dramático Galego.
En febreiro de 2026 estreouse o documental Todo pode esperar de Borja Casal sobre César Morán: Unha historia de amor pola música ao longo de toda unha vida.
Familia César Morán é o pai de Cláudia Morán e Brais Morán.
Obras
Antoloxías Antoloxía da lírica medieval (2001). N.º 1 da Biblioteca Galega 120. Río de son e vento. Unha antoloxía da poesía galega (1999). Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-372-5. Desde a lírica medieval até fins do século XX.
Ensaio O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro (1990). AGAL. 176 páxs. ISBN 9788487305054. O eco das ondas. Caminhos arredor da música (2025). A Coruña: Medulia. 246 páxs. ISBN 978-84-10-32486-2.
Obras colectivas Homenaxe a Álvaro Cunqueiro (1982). Universidade de Santiago de Compostela. "Entrevista con Álvaro Cunqueiro" (a última concedida polo Cunqueiro). Comentário de textos literarios (1986). Alhena, Madrid. "Análise literaria dun fragmento do Merlín". Teatro nas aulas: dez Cadernos da Escola Dramática Galega (1987). Editorial Vía Láctea. Con Teresa Fandiño Barreiro e Xosé Ramón Freixeiro Mato. Nova Gramática para a aprendizaxe da língua (1988). Vía Láctea. Con Xoán Xosé Costa Casas, María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira. "Amado-Odiado Gepetto", en Fogo cruzado (1989). AGAL. ISBN 84-87305-00-8. A Coruña á luz das letras (2008).Trifolium. ISBN 978-84-935325-4-3.
Traballos e colaboracións musicais O pobo da noite, de Manuel Rivas (1996). Xerais. CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas. Río de son e vento (1998) Xerais Media. CD con 15 cancións con música a 14 poetas contemporáneos mais un poema propio. Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009). Fundación Manuel María. "Primeira aproximación á narrativa de Manuel María". Álvaro Cunqueiro: fotobiografía sonora (2009). Ouvirmos. Con Rexina Rodríguez Vega. A desaparición da neve, de Manuel Rivas (2009). Alfaguara. Madrid. CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas. Haberá primavera (2011). Galaxia. Libro de poemas de Álvaro Cunqueiro, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados por César Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedida por Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes de morrer.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web persoal 20pxCésar Morán - Manuel Leiras Pulpeiro: Roseira de rosas roxas (2014) 20pxCésar Morán - Derradeira elexía a Manoel Antonio (2018) 20pxVideoclip de "Rapaza nova" (2023) 20pxVideoclip de "A cidade mental" (2024)
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Toural dos Vaos Categoría:Nados en 1954 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela