Gino Bartali, nado en Ponte de Ema (Florencia) o 14 de xullo de 1914 e finado en Florencia o 5 de maio do 2000, foi un ciclista italiano. Gañou dous Tour de Francia e é o ciclista que o fixo dun xeito máis distante no tempo (10 anos entre un e outro).
Traxectoria Iniciouse como profesional en 1935, ano no que gañou unha Volta ao País Vasco e a clasificación na montaña no Giro de Italia. Gañou tres Giros de Italia en 1936, 1937 e 1946, e obtivo 12 vitorias parciais. Foi catro anos segundo. Gañou sete veces o Gran Premio da Montaña nesa volta por tiradas.
Gañou o Tour de Francia en 1938 e 1948, e 12 tiradas nesa carreira. En 1949 foi segundo. Venceu catro veces na Milán-San Remo e dúas no Giro da Lombardía e adxudicouse en dúas ocasións a Volta a Suíza.
Rivalizou con Fausto Coppi. Relegouno á segunda posición no Giro en 1946. Coppi desprazouno a esa praza en 1947 e 1949. Ese ano foi a apoteose italiana no Tour, cando os dous campións dominaron a carreira, con Coppi primeiro e Bartali segundo.
Tivo que afrontar a interrupción da segunda guerra mundial. A súa fe católica explica algúns do seus alcumes como Gino o pío. Un accidente obrigouno a retirarse en 1954.
A República Italiana ten recoñecido o valor del e a súa dona por ter salvado moitos xudeus na época do fascismo. A súa dona Adriana recibiu a medalla de ouro ao valor civil no 2006.
Palmarés 1935 Campión de Italia en ruta 15px 20px Volta ao País Vasco, mais 3 etapas. Coppa Bernocchi Unha etapa do Giro de Italia e clasificación da montaña 20px
1936 Giro da Lombardía Primeiro no Giro de Italia, mais tres etapas e clasificación da montaña 20px 20px Giro della Provincia di Milano
1937 Campión de Italia en ruta 15px 20px Primeiro no Giro de Italia, mais catro etapas e clasificación da montaña 20px 20px Giro del Piemonte Unha etapa del Tour de Francia Giro del Lazio
1938 Primeiro no Tour de Francia, mais dúas etapas e clasificación da montaña 20px 20px Tre Valli Varesine Segundo no Campionato de Italia de Ciclismo en Ruta 15px Giro della Provincia di Milano
1939 Milán-San Remo Giro da Lombardía Giro del Piemonte Segundo no Giro de Italia, mais catro etapas e clasificación da montaña 20px Giro di Toscana Giro della Provincia di Milano
1940 Campión de Italia en ruta 15px 20px Milán-San Remo Giro da Lombardía Dúas etapas do Giro de Italia e clasificación da montaña 20px Giro del Lazio Giro di Toscana Giro di Campania Giro della Provincia di Milano
1942 Terceiro no Campionato de Italia de Ciclismo en Ruta 15px Giro della Provincia di Milano1945 Giro del Lazio Giro di Campania
1946 Campionato de Zúric Giro de Italia, mais clasificación da montaña 20px 20px Volta a Suíza, mais catro etapas Segundo no Campionato de Italia de Ciclismo en Ruta 15px Trofeo Matteotti
1947 Milán-San Remo Segundo no Giro de Italia, mais dúas etapas e clasificación da montaña 20px Volta a Suíza, mais dúas etapas
1948 Campionato de Zúric Primeiro no Tour de Francia, mais sete etapas e clasificación da montaña 20px 20px Giro di Toscana
1949 Segundo no Tour de Francia, mais unha etapa Segundo no Giro de Italia Tour de Romandía
1950 Milán-San Remo Unha etapa do Tour de Francia Segundo no Giro de Italia, mais unha etapa Giro di Toscana
1951 Segundo no Campionato de Italia de Ciclismo en Ruta 15px Giro del Piemonte
1952 Campión de Italia en ruta 15px 20px Giro d'Emilia Giro Reggio Calabria
1953 Giro d'Emilia Giro di Toscana
Resultados en grandes voltas e no Campoonato do Mundo
Carreira19351936193719381939194019411942194319441945194619471948194919501951195219531954Giro de Italia7º1º1º-2º9ºXXXXX1º2º8º2º2º10º5º4º13ºTour de Francia--Ab.1º-XXXXXXX-1º2ºAb.4º4º11º-Vuelta a España--XXXX--XX----X-XXXXMundial en Ruta 24px-7º----XXXXX12º----9º10º-- -: Non participa Ab.: Abandono X: Edicións non celebradas
Categoría:Gañadores do Tour de Francia Categoría:Gañadores do Giro de Italia Categoría:Ciclistas de Italia Categoría:Xustos entre as Nacións Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia