Manuel Rei Romeu, nado en Vilancosta (Berres, A Estrada) o 3 de marzo de 1964, é un escritor e crítico literario galego.

Traxectoria Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de educación secundaria no IES Concepción Arenal de Ferrol. Estudou a obra literaria e política de Castelao e foi un dos integrantes do comité científico encargado da publicación da Historia da Literatura Galega (AS-PG - A Nosa Terra) en 1996. No campo da crítica literaria contribuíu á clarificación de figuras como Curros Enríquez, Ramón Cabanillas e Celso Emilio Ferreiro.

Participou en diversos congresos, seminarios e xornadas.

Foi militante de ERGA, foi nas listas do BNG nas eleccións municipais de 1995 en Pontedeume, e saíu escollido concelleiro. Revalidou o cargo en 1999, 2003, 2007 e 2011 como cabeza de lista dos nacionalistas. Ademais, entre 1999 e 2007 tivo responsabilidades de goberno en executivos liderados polo candidato do PSdeG-PSOE, Belarmino Freire. En decembro de 2011 anunciou que deixaba a vida municipal.

Obras Ensaio Arte e Verdade. A obra literaria de Daniel Castelao (1991). Vigo: Edicións do Cumio. Castelao e Sempre en Galiza (1996). Santiago: Laiovento. Afonso Daniel Castelao (1999). A Nosa Terra, Concello de Oleiros. Castelao: Desta Terra, deste tempo (2000). Consello da Xuventude. 2025: Tempo Galiza Editora. Volver a Castelao (2011). Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Edicións A Narrativa de Castelao. Antoloxía (1997). AS-PG/A Nosa Terra. Sempre en Galiza (Antoloxía) (1997). AS-PG/A Nosa Terra. Obra poética completa, de Xosé Manuel Millán Otero (2022). Deputación de Pontevedra.

Obras colectivas Literatura Galega. Século XX, 2001, A Nosa Terra. Literatura Galega: Da Idade Media ao Século XIX, 2002.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1964 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Pontedeume