Mercedes Queixas Zas, nada na Coruña o 22 de xullo de 1968, é unha profesora, escritora e política galega, deputada no Parlamento de Galicia.

Traxectoria Estudou no IES de Monelos e licenciouse en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña. En 1996 aprobou as oposicións de secundaria na especialidade de Lingua Galega e Literatura. Exerceu o primeiro ano no IES Monelos e logo no CPI Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco, labor que compaxinou desde 2005 coas funcións de secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Entre 2007 e 2010 foi coordinadora territorial de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Entre 1995 e 2000 foi coordinadora da editorial Laiovento. Formou parte da cerna de ProLingua, e é membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega. Dende decembro de 2018 é membro correspondente da Real Academia Galega.Membros correspontes da RAG

Publicou colaboracións en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Sermos Galiza e Nós Diario.

Traxectoria política Nas eleccións autonómicas de 2020 ocupou o terceiro posto da candidatura do BNG pola provincia da Coruña sendo elixida deputada do Parlamento de Galicia.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.

Obras miniatura|Presentando un traballo sobre María Victoria Moreno, 14/05/2018

Ensaio Os trobadores do Reino de Galiza: Martín Códax, Mendiño, Xoán de Cangas (1997), A Nosa Terra, 61 páx. ISBN 9788489976085. Breve historia da literatura galega (1999), A Nosa Terra, 62 páx. ISBN 9788489976740. Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002), Laiovento, 113 páx. ISBN 8484870065 Lingua e Literatura: 1º ESO (2003), A Nosa Terra, 198 páx. ISBN 8496202011. Lingua e Literatura: 2º ESO (2003), A Nosa Terra, 202 páx. ISBN 8496203018. Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009), Laiovento, 157 páx. ISBN 9788498653588. Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de María do Carme Kruckenberg, (2011), Galaxia, 266 páx. Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo (2011), Laiovento, 87 páx. ISBN 9788484872054. Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María (2016), Galaxia, 186 páx. ISBN 9788498656763. Manuel María, palabra viva de amor e afirmación (2016), La Voz de Galicia, 141 páx. ISBN 9788497573030. De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal. Breve historia da literatura galega (2016), Xerais, 228 páx. ISBN 9788499149837.

Literatura infanto-xuvenil Xandra, a landra que quería voar (2017), Urco Editora. Ilustracións de Paula Pereira. ISBN 9788416121953.

Poesía Partituras (2019), con Xoán Carlos Domínguez Alberte. Laiovento. 134 páxs. ISBN 84-8487-448-5.

Traducións Nacionalismos no mundo, de Francisco Letamendia, (1997), Edicións Laiovento, 192 páx. ISBN 84-89896-02-X. España uniforme, de José Ignacio Lacasta-Zabalza (2001), Edicións Laiovento, 302 páx. ISBN 84-89896-88-7.

Edicións O morto asasinado e outros contos, de María do Carme Kruckenberg, 2018, Galaxia.

miniatura|Papeleta electoral das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. Obras colectivas La Galiciana, de Xan da Cova, 1995, Cadernos de Teatro, A Coruña. Con Anxo Gómez. Historia da literatura galega, 1996, A Nosa Terra-Asociación Sociopedagóxica Galega. ISBN 84-89679-00-2. Obra literaria e xornalística: antoloxía, de Valentín Lamas Carvajal, 1996, AS-PG/A Nosa Terra. Edición con Pilar García Negro e Anxo Gómez. Historia xeral da literatura galega, 2001, A Nosa Terra. Con Anxo Gómez Sánchez. Linguas non normalizadas: presente e futuro. Actas do congreso (Pazo da Cultura de Pontevedra, 15, 16, 17 de novembro de 2001), 2002, AS-PG. Coordinadora con Gonzalo Constenla e Anxo Gómez Sánchez. 55 mentiras sobre a lingua galega 2009, Laiovento. Ano Internacional das Linguas, 2008. Xornadas de Divulgación, 2008, Concello de Noia. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. Lois Pereiro en 17 voces, 2011, La Voz de Galicia. Contos de taberna, 2014, Edicións Embora. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Antonio Fernández Morales, autor berciano. Bicentenario do seu nacemento (1817-2017) (Edicións Fervenza, 2017). Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.

Premios Premio de ensaio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no 2012, por Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de María do Carme Kruckenberg. Premio de ensaio da II Gala do Libro Galego no 2017, por Labrego con algo de poeta.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Blog de Mercedes Queixas Entrevista a Mercedes Queixas CEIP Raquel Camacho

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1968 Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Editores de Galicia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia