O Movimento Defesa da Língua é unha organización reintegracionista e asemblearia, de acción social de base, que ten como obxectivo a normalización e naturalización da lingua portuguesa en Galiza. Organización O MDL traballa a prol da integración do que considera falas galegas dentro da lusofonía, catalogando dentro destas falas a propia lingua galega. Xa que logo, trátase dun traballo cara a un achegamento tanto lingüístico como cultural entre Galiza e Portugal. Así, algunhas das campañas do MDL foron na defensa da posibilidade de estudar portugués en todas as escolas de idiomas, ou da recepción das televisións portuguesas en Galiza.
Na actualidade a súa voceira é Teresa Carro, profesora de portugués nas EOI.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Entidades de promoción do galego Categoría:Reintegracionismo