Emily Greene Balch, nada en Boston en 1867 e finada en 1961, foi unha escritora e pacifista americana, que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1946, compartido con John Raleigh Mott.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia acomodada, estudou socioloxía e economía en Europa e nos Estados Unidos, e dende 1896 deu clases na facultade do Wellesley College.

Durante a primeira guerra mundial axudou a fundar a Liga Feminina Internacional para a Paz e a Liberdade en 1915, e loitou contra a entrada dos Estados Unidos no conflito. Polas súas actividades pacifistas o Wellesley College non lle prorrogou o contrato, Balch converteuse en editora de The Nation, unha revista liberal de actualidade. En 1920 converteuse ao cuaquerismo.

Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América