Dances with Wolves é un filme estadounidense de temática épica dirixido, producido e protagonizado por Kevin Costner, que se estreou en 1990. É unha adaptación do libro homónimo de 1988 de Michael Blake, e conta a historia dun tenente do Exército da Unión que viaxa á fronteira do oeste americano ata un posto militar abandonado, onde fai amizade coa tribo síux dos Lakota.

Costner desenvolveu o filme durante un período de 5 anos, contando cun orzamento inicial de $15 millóns. Dances with Wolves tivo elevados valores de produción"Dances with Wolves: Overview" (plot/stars/gross, related films), allmovie, 2007, webpage: amovie12092 e gañou sete Premios Oscar, incluíndo o premio ó mellor filme, e un Globo de Ouro ó mellor filme dramático. Moitos dos diálogos están en lakota con subtítulos, traducidos por Albert White Hat, presidente do Departamento de Estudos Lakota da Universidade Sinte Gleska. Foi rodado en Dacota do Sur e Wyoming.

O filme considérase un grande influente na revitalización do xénero western no cinema de Hollywood. No 2007, Dances with Wolves foi seleccionado para a súa preservación polo National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo."2007 list of films inducted into the National Film Registry

Sinopse En 1860, os Estados Unidos estaban a vivir unha época de grandes cambios, xa que é neste momento cando se produce a conquista do oeste americano. Milleiros de colonos comezan a emigrar cara ó Oeste, ós territorios habitados polos indios. O tenente John J. Dunbar, soldado da Unión, diríxese a un afastado posto fronteirizo que está completamente abandonado. Na súa soidade entra en contacto cos síux cos que pouco a pouco comeza a relacionarse, e grazas a iso, coñece a "En pé co puño en alto", unha muller branca que foi adoptada pola tribo cando era nena. Esta relación creará un debate nel sobre permanecer fiel ó exército ou manterse xunto ós síux, ós que considera os seus amigos.

Personaxes

Kevin Costner como Tenente John J. Dunbar / Bailando con Lobos (lakota: Šuŋgmánit Tȟáŋka Ób Wačhí) Mary McDonnell como En pé co Puño en Alto (Napépȟeča Nážiŋ Wiŋ) Graham Greene como Ave que patea (Ziŋtká Nagwáka) Rodney A. Grant as Vento no seu cabelo (Pȟehíŋ Otȟáte) Floyd Red Crow Westerman como Xefe Dez Osos (Matȟó Wikčémna) Tantoo Cardinal como Mantón negro (Šiná Sápa Wiŋ) Jimmy Herman como Becerro de pedra (Íŋyaŋ Ptehíŋčala) Nathan Lee Chasing His Horse como Sorrí moito (Iȟá S’a) Wes Studi como o fero guerreiro Pawnee Michael Spears como Lontra (Ptáŋ) Jason R. Lone Hill como Verme (Waglúla) Charles Rocket como Tenente Elgin Robert Pastorelli como Timmons Larry Joshua como Sarxento Bauer Tony Pierce como Spivey Kirk Baltz como Edwards Tom Everett como Sarxento Pepper Maury Chaykin como Fambrough Wayne Grace como O Alcalde

Galardóns e nomeamentos 1990: 7 Oscars: Mellor película, director, guión, fotografía, son, banda sonora, montaxe 1990: Globos de Ouro: Mellor película: Drama

Banda sonora Dances with Wolves é a banda sonora orixinal do filme, cuxos temas foron compostos e dirixidios por John Barry. John Barry gañou o Oscar á mellor banda sonora en 1991, e o Premio Grammy á "Mellor composición instrumental escrita para cine ou televisión". Barry estivo nomeado tamén ó Globo de Ouro á mellor banda sonora (que finalmente gañou The Sheltering Sky) e ó BAFTA (que gañou Cyrano de Bergerac).

Versión orixinal "Main Title – Looks Like a Suicide" – 3:59 "The John Dunbar Theme" – 2:16 "Journey to Fort Sedgewick" – 3:25 "Ride to Fort Hays" – 2:00 "The Death of Timmons" – 2:24 "Two Socks – The Wolf Theme" – 1:30 "Pawnee Attack" – 3:49 "Kicking Bird's Gift" – 2:10 "Journey to the Buffalo Killing Ground" – 3:43 "The Buffalo Hunt" – 2:42 "Stands with a Fist Remembers" – 2:09 "The Love Theme" – 3:46 "The John Dunbar Theme" – 2:04 "Two Socks at Play" – 1:59 "The Death of Cisco" – 2:14 "Rescue of Dances with Wolves" – 2:09 "The Loss of the Journal and the Return to Winter Camp" – 2:09 "Farewell and End Title" – 8:50

Versión de 1995 "Main Title – Looks Like a Suicide" – 3:57 "The John Dunbar Theme" – 2:15 "Journey to Fort Sedgewick" – 3:22 "Ride to Fort Hays" – 2:00 "The Death of Timmons" – 2:25 "Two Socks – The Wolf Theme" – 1:28 "Pawnee Attack" – 3:45 "Kicking Bird's Gift" – 2:08 "Journey to the Buffalo Killing Ground" – 3:39 "The Buffalo Hunt" – 2:41 "Fire Dance" – 1:41 "Stands with a Fist Remembers" –2:07 "The Love Theme" – 3:52 "The John Dunbar Theme" – 2:05 "Two Socks at Play" – 1:57 "The Death of Cisco" – 2:12 "Rescue of Dances with Wolves" – 2:07 "The Loss of the Journal and the Return to Winter Camp" – 2:07 "Farewell and End Title" – 8:40 "The John Dunbar Theme" – 3:41 "Dances with Wolves" – 5:15

Versión de 2004 "Main Title/Looks Like a Suicide (expanded)" – 7:35 "Ride to Fort Hays" – 2:03 "Journey to Fort Sedgewick/Shooting Star/John Dunbar Theme/Arrival at Fort Sedgewick" – 4:55 "The John Dunbar Theme" – 2:19 "The Death of Timmons" – 2:25 "Two Socks/The Wolf Theme" – 1:32 "Stands with a Fist Remembers" – 2:12 "The Buffalo Robe" – 2:12 "Journey to the Buffalo Killing Ground" – 3:30 "Spotting the Herd" – 1:49 "The Buffalo Hunt (film version)" – 4:33 "Fire Dance" – 1:41 "Two Socks at Play" – 2:00 "Falling in Love" – 3:05 "Love Theme" – 3:46 "The John Dunbar Theme" – 2:06 "Pawnees/Pawnee Attack/Stone Calf Dies/Toughest Dies" – 6:15 "Victory" – 1:03 "The Death of Cisco" – 2:14 "Rescue of Dances with Wolves" – 2:08 "The Loss of the Journal/The Return to Winter Camp" – 2:09 "Farewell / End Title" – 8:51 "The Buffalo Hunt (album version)" – 2:45 "The John Dunbar Theme (film version)" – 2:21

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1990 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua lakota Categoría:Filmes en lingua pawnee Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kevin Costner Categoría:Filmes con banda sonora de John Barry Categoría:Filmes de Orion Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1863 Categoría:Filmes rodados en Dacota do Sur Categoría:Filmes rodados en Wyoming Categoría:Filmes rodados en Kansas Categoría:Filmes sobre o exército dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Filmes sobre a Guerra de Secesión Categoría:Filmes sobre lobos Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes preservados no National Film Registry