Non confundir con Graham Greene (1904-1991), escritor e xornalista inglés.

Graham Greene, nado na Reserva das Seis Nacións, en Ontario, o 22 de xuño de 1952, e finado en Stratford, Ontario, o 1 de setembro de 2025, foi un actor amerindio oneida que traballou en teatro, películas e producións de televisión en Canadá, Reino Unido e Estados Unidos. Acadou fama internacional pola súa participación en Dances with Wolves (1990), de Kevin Costner, que lle valeu un nomeamento ao Oscar. Outros filmes destacados inclúen Thunderheart (1992), Maverick (1994), Die Hard with a Vengeance (1995), A milla verde (1999), Skins (2002), Transamerica (2005), Wind River (2017) e Shadow Wolves (2019).

Traxectoria

Primeiros anos Greene foi un Oneida nado en Ohsweken, na Reserva das Seis Nacións en Ontario. Era fillo de Lillian e John Greene, quen era paramédico e home de mantemento, e viviu en Hamilton, Ontario, cando era un mozo.

Antes de se converter en actor, traballou como delineante, siderúrxico e soldador. Tamén traballou como técnico de son para bandas de rock con sede en Terranova e Labrador, e máis tarde confesou que o músico Kelly Jay animouno repetidamente a probar a actuar nunha obra de teatro.

Unha idea errónea común era que se formara no programa Native Theatre School do Centre for Indigenous Theatre de Toronto pois, como sinalou nunha entrevista de 2012, "axudou a dirixilo, como director executivo dunha organización artística local de apoio á escola". Na década de 1970, comezou a actuar no teatro profesional en Toronto e Inglaterra e, en 1976, participou na xira de James Reaney da Universidade de Western Ontario, ralizada coa obra Wacousta.

O seu debut televisivo foi nun episodio de The Great Detective en 1979, e o seu debut cinematográfico foi en 1983 en Running Brave. Ao ver o seu primeiro papel televisivo, Greene afirmou que foi "horrible" e que o levou a comezar a aprender a actuar como unha profesión.

Carreira profesional

Teatro Greene traballou con frecuencia na Native Earth Performing Arts, e é ben coñecido pola súa actuación en Dry Lips Oughta Move to Kapuskasing como o afable borracho Pierre St. Pierre. Tamén actuou en The Crackwalker e History of the Village of the Small Huts. En 2007, nunha produción do Stratford Shakespeare Festival, representou The Merchant of Venice, facendo o papel de Shylock.

Televisión En 1984 e 1986, Greene apareceu nunha serie de televisión, a primeira propiamente indíxena, producida pola canle CBC das Primeiras Nacións, Spirit Bay na que facía o papel de Pete "Baba" Green. O espectáculo foi un dos primeiros en mostrar a vida aborixe e as interaccións entre as culturas nativa e branca.

Filmografía thumb|Graham Greene (2022) Cine Ano Título Personaxe Notas 1983 Running Brave Eddie Mills 1985 Revolution Ongwata 1989 Powwow Highway Veterano de Vietnam1990 Dances with Wolves Paxaro que patea 1991 Clearcut Arthur1992 Thunderheart Walter Crow Horse Rain Without Thunder Autor na historia1993 Benefit of the Doubt Calhoun1994 Camilla Hunt Weller Savage Land Skyano Maverick Joseph North Pai de Alaska 1995 Die Hard with a Vengeance Joe Lambert The Pathfinder Chingachgook1996SabotageNicholas Tollander 1997 The Education of Little Tree Willow John 1999 Grey Owl Jim Bernard A milla verde Arlen BitterbuckMisery HarbourBurly2000DesireConnor 2001 Lost and Delirious Joe MenziesChristmas in the CloudsEarl 2002 Duct Tape Forever Edgar K. B. Montrose Snow Dogs Peter Yellowbear Skins Mogie Yellow Lodge2003 Coyote Waits Slick Nakai 2004 Phil the Alien Wolf 2005 Transamerica Calvin Many Goats 2006 A Lobster Tale Sheriff 2007 Luna: Spirit of the Whale Bill Louis All Hat Jim Burns Just Buried Henry Sanipass Camilla Hunt Weller2008Turok: Son of StoneLost Land Shaman / Elder #1Voz 2009 The Twilight Saga: New Moon Harry Clearwater 2009 Tales of an Urban Indian Adam 2010 Casino Jack Bernie Sprague Gunless Two Dogs Cameo2013Chasing ShakespeareMr. MountainAtlantic RimAdmiral HadleyDirecto a vídeoMaïnaMishte-Napeu2014Winter's TaleHumpstone JohnCorner Gas: The MoviePescador2017Wind RiverXefe da policía tribal Ben ShoyoThe ShackMale PapaMolly's GameXuíz Dustin Foxman2018Through Black SpruceLeo2019AstronautLen2020A Dark FoeThe Cradle2021AntlersWarren StokesDefining MomentsDr. KellyThe Wolf and the LionJoe2023SquealerJoe

Televisión AnoTítuloPersonaxeNotas1979The Great DetectiveGrey SkyTemporada 2, episodio1 ("The Black Curse")1981Read All About It!John Norton1 episodio1986Spirit BayPete "Baba" Green1 episodio1986-1988The CampbellsIroquois Chief3 episodios1987Captain Power and the Soldiers of the FutureCherokee1 episodio1987Street LegalPaulo1 episodio19889BDan JacksonMiniserie, 5 episodios1989Where the Spirit LivesKomi's FatherTelefilme1990Lost in the BarrensMewasinTelefilme1991L.A. LawDan Wauneka1 episodio1992; 1994Murder, She WroteSheriff Sam Keeyani / Peter Henderson2 episodios1992The Last of His TribeIshiTelefilme1992-1993Northern ExposureLeonardPapel recorrente, 5 episodios1993CooperstownRaymond MaracleTelefilme1993North of 60Rico Nez1 episodio1993The Broken ChainPeace Maker (Spirit)Telefilme1994-1997The Adventures of Dudley the DragonMr. Crabby TreePapel recorrente, 17 episodios1994-2006The Red Green ShowEdgar K. B. MontrosePapel recorrente, 19 episodios1994Lonesome Dove: The SeriesRed Hawk3 episodios1995Happily Ever After: Fairy Tales for Every ChildXefe Brown BearVoz, 1 episodio1996The Outer LimitsXefe Weapons Officer1 episodio1996The PathfinderChingachgookTelefilme1997-2001Exhibit A: Secrets of Forensic ScienceEl mesmo - convidadoPapel principal, 65 episodios2000Big Wolf on CampusFerryman1 episodio2000-2001Cover MeMichael Nighthorse4 episodios2001-2002Wolf LakeMr. Sherman BlackstonePapel principal, 9 episodios2002The New BeachcombersColin ReidTelefilme2003Mister SterlingSenior Senator Jackson1 episodio2003Shattered City: The Halifax ExplosionElijah CobbMiniserie, 2 episodios2005The CollectorGeorge1 episodio2005Spirit Bear: The Simon Jackson StoryLloyd BlackburnTelefilme2005Into the WestConquering BearMiniserie, 1 episodio2005Numb3rsChief James Clearwater1 episodio2005Buffalo DreamsJohn BlackhorseTelefilme2006This is WonderlandPaul Hilliard1 episodio2010-2011Being EricaDr. ArthurPapel recorrente, 5 episodios2013Family TreeChief Running Bull1 episodio2013-2015DefianceRafe McCawleyPapel principal, 28 episodios2014-2017LongmireMalachi StrandPapel recorrente, 12 episodios2018RiverdaleThomas Topaz1 episodio2018The DetourNarvin3 episodios2019Project Blue BookDavid1 episodio2019Goliath (serie)LittlecrowPapel recorrente, 7 episodios2021American GodsWhiskey Jack2 episodios20221883Spotted EagleMiniserie, 1 episodio2023The Last of UsMarlonEpisodio: "Kin"2023Reservation DogsMaximusEpisodio: "Maximus"2024EchoSkullySerie próxima

Videoxogos AnoTítuloPersonaxeNotas2018Red Dead Redemption 2Rains FallVoz

Premios e nomeamentos AnoPremioCategoríaProduciónResultado1989Dora Mavor MooreMellor actuación masculina protagonistaDry Lips Oughta Move to Kapuskasing.1991Premios Mellor actor secundarioDances with WolvesNomeado1994Premios GeminiMellor actuación nun programa ou serie infantil ou xuvenilThe Adventures of Dudley the DragonGañadorMellor interpretación invitada nunha serie dun actor ou actrizNorth of 60Nomeado2000Premios GrammyMellor álbum falado para nenosListen to the StorytellerGañador2004Premios GeminiPremio Earle GreyLifetime AchievementGañador2006Premios GeminiPremio á ExcelenciaGañador2016RNCI Red Nation AwardsMellor actor secundarioLongmireGañador

Recoñecementos É membro da Orde do Canadá.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Actores de teatro do Canadá Categoría:Actores do Canadá Categoría:Pobo oneida Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados en Ontario