Sir Daniel Michael Blake Day-Lewis, nado en Londres o 29 de abril de 1957, é un prestixioso actor británico nacionalizado irlandés. A pesar de ser recoñecido pola crítica internacional como un dos actores máis versátiles do seu tempo, non se prodiga demasiado na gran pantalla, escollendo con gran minuciosidade os seus papeis.
Traxectoria Fillo do poeta irlandés de nacemento Cecil Day-Lewis e da actriz Jill Balcon, o seu avó era o produtor cinematográfico e director dos Estudios Ealing, Sir Michael Balcon. Despois dunha etapa en Greenwich, os seus pais decidiron envialo ao internado Sevenoaks, no condado de Kent, e máis tarde á Bedales School de Petersfield. A idade de 13 anos produciuse o seu debut cinematográfico, cun pequeno papel sen acreditar no filme Sunday Bloody Sunday. Posteriormente estudou arte dramática na prestixiosa Old Vic Theatre School de Bristol e foi alí onde iniciou a súa traxectoria como actor de teatro.
A súa estrea como actor adulto foi nun pequeno papel na multipremiada película Gandhi en 1982. Posteriormente fixo varios papeis no teatro e para series da BBC ata que en 1985 se consagrou con dous papeis: o do punky londiniense e homófobo Johnny, de A miña fermosa lavandaría, e a do dandi Cecil Vyse do filme de James Ivory Unha habitación con vistas.
Despois dunha serie de filmes entre os que destacou The Unbearable Lightness of Being, baseado na novela homónima de Milan Kundera, ofrecéronlle o papel do artista irlandés discapacitado Christy Brown en O meu pé esquerdo. Foi este papel no filme de Jim Sheridan o que lle daría fama internacional e un Oscar entre numerosos premios e nomeamentos.
Con este director colaborou noutras dúas ocasións, en 1993 na aclamada In the Name of the Father, pola que volveu ser nomeado a importantes premios, entre eles ao Oscar e ao Globo de ouro; e en 1997 en The Boxer.
Entre tanto tamén tivo tempo de dar o salto a Hollywood, para protagonizar en 1992 a cinta de aventuras O derradeiro dos mohicanos de Michael Mann e un ano despois A idade da inocencia de Martin Scorsese, co que repetiu nove anos despois en Gangs of New York.
No 2005 protagonizou o filme The Ballad of Jake and Rose dirixido pola súa dona Rebecca Miller, filla do coñecido dramaturgo estadounidense Arthur Miller. Dous anos despois estreou o filme There Will Be Blood, baseado na novela Oil! de Upton Sinclair e dirixido por Paul Thomas Anderson, que lle supuxo o seu segundo Oscar e o seu primeiro Globo de ouro ao mellor actor na categoría de drama.
En 2009 protagonizou o musical Nine, adaptación de 8½ de Federico Fellini, dirixido por Rob Marshall. En 2013 recibiu o seu terceiro Oscar como mellor actor principal, pola súa interpretación do décimo sexto presidente dos Estados Unidos, Abraham Lincoln, converténdose no primeiro actor en conseguir tres veces dito premio.
Ao longo de 2017 filmou Phantom Thread ás ordes de Paul Thomas Anderson, segunda colaboración con este director tras There Will Be Blood. O 20 de xuño dese ano, a súa voceira, Leslie Dart, anunciou na revista Variety a retirada de Day-Lewis dos escenarios, aludindo a razóns persoais.
Filmografía Longametraxes Ano Título Papel Notas 1971 Sunday Bloody Sunday | Vándalo | Sen acreditar |- | 1982 | Gandhi| Colin
| 1984 | The Bounty| John Fryer
|rowspan=2|1985 | A miña fermosa lavandería| Johnny
| Unha habitación con vistas| Cecil Vyse
| 1986 | Nanou| Max
|rowspan=2|1988 | The Unbearable Lightness of Being| Tomas
| Stars and Bars| Henderson Dores
|rowspan=2|1989 | Eversmile, New Jersey| Dr. Fergus O'Connell
| O meu pé esquerdo| Christy Brown
| 1992 | O derradeiro dos mohicanos| Hawkeye / Nathaniel Poe
|rowspan=2|1993 | A idade da inocencia| Newland Archer
| In the Name of the Father| Gerry Conlon
| 1996 | The Crucible| John Proctor
| 1997 | The Boxer| Danny Flynn
| 2002 | Gangs of New York| Bill 'The Butcher' Cutting
| 2005 | The Ballad of Jack and Rose| Jack Slavin
| 2007 | There Will Be Blood| Daniel Plainview
| 2009 | Nine| Guido Contini
| 2012 | Lincoln| Abraham Lincoln
| 2017 | Phantom Thread'' Charles James
Televisión Ano Título Papel Notas 1980 Shoestring DJ Episodio: "The Farmer Had a Wife" 1981 Thank You, P. G. Wodehouse Psmith Filme para televisión Artemis 81 Estudante da biblioteca Filme para televisión 1982 How Many Miles to Babylon? Alec Filme para televisión Frost in May Archie Hughes-Forret Episodio: "Beyond the Glass" 1983 Play of the Month Gordon Whitehouse Episodio: "Dangerous Corner" 1985 My Brother Jonathan Jonathan Dakers 5 episodios 1986 The Insurance Man Dr. Kafka Filme para televisión
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista do actor con LA Weekly o 19 de decembro de 2007. Biografía completa Artigo da revista Variety onde se anuncia a participación do actor en Lincoln
Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Actores de televisión de Irlanda Categoría:Actores de teatro de Irlanda Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Nados en Greenwich Categoría:Nados en 1957 Categoría:Británicos de ascendencia irlandesa Categoría:Ingleses de ascendencia xudía Categoría:Ingleses de ascendencia irlandesa Categoría:Irlandeses de ascendencia xudía Categoría:Irlandeses de ascendencia inglesa Categoría:Óscar ó mellor actor