In the Name of the Father é un filme irlandés, dirixido por Jim Sheridan. O filme baséase na historia real de catro cidadáns falsamente acusados e apreixados polo atentado do IRA nun pub de Guilford, no que morreron catro soldados británicos e un civil. O guión foi adaptado da autobiografía Proved Innocent: The Story of Gerry Conlon of the Guildford Four, de Gerry Conlon.

Sinopse No Belfast dos anos 70, Gerry (Daniel Day-Lewis) é un moinante que non fai nada de proveito, para desgusto do seu pai Giuseppe (Pete Postlethwaite), un home tranquilo e apoucado. Cando Gerry é ameazado polo IRA por roubar en numerosas ocasións, o seu pai mándao a Inglaterra. Unha vez alí, é acusado de participar nun atentado terrorista e condenado a cadea perpetua xunto cos "catro de Guildford". Tamén o seu pai é arrestado e encarcerado. En prisión, Gerry descobre que a aparente fraxilidade do seu pai agocha en realidade unha gran forza interior. Coa axuda dunha avogada entregada á súa causa (Emma Thompson), Gerry proponse demostrar a súa inocencia, limpar o nome do seu pai e facer pública a verdade sobre un dos máis escandalosos erros legais da historia recente do Reino Unido.

Personaxes Daniel Day-Lewis como Gerry Conlon Pete Postlethwaite como Giuseppe Conlon John Lynch como Paul Hill Mark Sheppard como Paddy Armstrong Beatie Edney como Carole Richardson Emma Thompson como Gareth Peirce Don Baker como Joe McAndrew Corin Redgrave como Inspector Robert Dixon Gerard McSorley como Detective Pavis Frank Harper como Ronnie Smalls Jamie Harris como Deptford Jim Tom Wilkinson como Grant Richardson

Galardóns e nomeamentos 1993: 7 nomeamentos ós Oscar, incluíndo mellor actor (Daniel Day-Lewis), mellor actor secundario (Pete Postlethwaite), mellor actriz secundaria (Emma Thompson), mellor director, mellor montaxe, mellor película e mellor guión adaptado. 1993: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro: Filme drama, bso, actor drama e actriz secundaria. 1993: 2 nomeamentos ós BAFTA: Mellor actor (Daniel Day-Lewis) e guión adaptado. 1993: Premios David di Donatello: Mellor filme estranxeiro. 2 nomeamentos. 1994: Oso de ouro no Festival internacional de cinema de Berlín en 1994.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Jim Sheridan Categoría:Filmes con banda sonora de Trevor Jones Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes sobre o IRA Categoría:Filmes ambientados en Belfast Categoría:Filmes ambientados en Irlanda do Norte Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes gañadores do Oso de Ouro