A Whisper in the Noise é un proxecto de art rock do compositor West Thordson. Baseado na area metropolitana de Minneapolis-St. Paul, o grupo é coñecido polo seu son escuro e a súa instrumentación única, así como polas súas presentacións ao vivo. Evitando o uso máis tradicional da guitarra e os teclados pesados, a instrumentación de A Whisper in the Noise inclúe violonchelo, violín, trompa, sintetizador, teclados, baixo e distintos tipos de percusión. A expresión minimalista resultante, o arranxo único dos instrumentos, e a inclusión de elementos visuais durante os concertos fixeron que abanda fose descrita como art rock.
Discografía Through the Ides of March - 2003 2D - 2004 As the Bluebird Sings - 2006 Dry Land - 2007 (Exile on Mainstream) To Forget - 2012 (Exile on Mainstream)
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de Minnesota