Tito Maccio Plauto, nado en Sársina (Romaña) no 254 a. C. e finado en Roma no 184 a. C., foi un comediógrafo da Roma Antiga, considerado o máis xenuíno de entre todos os da literatura latina. Escribiu comedias de enredo, do xénero da palliata.

Contexto histórico Na época en que Plauto viviu, Roma estaba inmersa en varias guerras polo control do Mediterráneo. Logo de conquistar Italia e a rexión da Magna Grecia (o que lle permitiu coñecer a cultura helena), Roma tremía ante o nome de Haníbal e, despois de superar as guerras contra el, iniciou outra nova guerra, a macedónica.

As guerras púnicas As guerras contra Haníbal e os cartaxineses foron as chamadas Guerras Púnicas, nas que Roma disputou con Cartago o dominio do Mediterráneo.

A Primeira Guerra Púnica (267 – 241 a.C) foi unha disputa, sobre todo, polo dominio de Sicilia. Os cartaxineses eran superiores navalmente, pero os romanos servíronse da súa óptima infantería para gañar. Tras a derrota, Cartago comprometeuse a non atacar a ningún aliado de Roma e comezou a expandirse pola Península Ibérica, territorio que tamén ambicionaban os romanos.

No 241 a. C. Roma conquistou a Magna Grecia. A cultura helena estaba xa presente na romana dende había tempo, o que explica a grande aceptación das comedias gregas en Roma, pero a partir desta conquista sucedida ó final da primeira guerra púnica, o helenismo estivo aínda máis presente na Urbs. Un número considerable de gregos comezou a vivir entre os romanos, levando con eles a súa cultura, bastante máis avanzada. Os romanos comezaron a ter interese por esa cultura, e xurdiu así a necesidade de crear unha literatura de seu en latín, constituída primeiro por traducións e adaptacións.

As guerras tiveron unha grande importancia na introdución do teatro grego en Roma. Os soldados que participaran nas campañas do sur de Italia afeccionáranse alí ó teatro e despois de tornados a Roma demandaban o traslado dos espectáculos teatrais á capital; a plebe, formada en gran parte por emigrantes gregos, acolleu tamén con gusto estes espectáculos.

Así pois, os romanos estaban afeitos ás formas culturais gregas e, seguindo o seu costume, decidiron imitalas para construír as súas. Por tanto, non é de estrañar que para celebrar a fin da Primeira Guerra Púnica os romanos, en setembro do ano 240 a. C., organizaran xogos que, por primeira vez, incluían representacións teatrais adaptando os orixinais gregos. Livio Andronico, un liberto grego residente en Roma, foi o encargado de facer a versión e a montaxe escénica. Pódese, por tanto, situar o comezo do teatro en Roma nesta data con toda precisión. Non se sabe se nesa ocasión se representou unha palliata ou unha traxedia, pero en calquera caso se non foi daquela foi xusto despois, xa que no 325 a. C., ademais de Andronico, hai xa constancia doutro comediógrafo en Roma, Gneo Nevio. 

Plauto foi, logo, o grande autor cómico durante a Segunda Guerra Púnica (218-201 a. C.). Esta guerra volveu enfrontar a Roma e Cartago, esta vez comandados os cartaxineses por Haníbal, a quen os romanos temían. Estes crían que a nova guerra tería lugar en Hispania, pero os cartaxineses tomáronos por sorpresa facendo cruzar os seus exércitos polos Alpes. As tropas de Haníbal chegaron a asediar a propia Roma e quizais por iso a poboación, que vivía baixo o medo dunha invasión, se sentía máis propensa a ver comedias, para se distraer da triste situación que estaba a vivir.

As guerras macedónicas A Primeira Guerra Macedónica (214 – 205 a. C.) foi o primeiro conflito bélico que enfrontou a República Romana co Reino de Macedonia, e produciuse polas ansias expansionistas de Filipo V de Macedonia, que ameazaba o dominio romano nos territorios gregos e polo seu acercamento a Haníbal. Roma enviou tropas contra Filipo e o conflito non tivo maiores consecuencias.

Non obstante, no 200 a. C. Flilipo intentou a anexión de novos territorios. Pérgamo e Rodas, como aliadas dela pediron protección a Roma. Comezou así a Segunda Guerra Macedónica, na que os exércitos de Filipo foron derrotados, sendo limitado o seu dominio exclusivamente a Macedonia.

En definitiva, a época na que lle tocou vivir e na que desenvolveu o seu traballo Plauto foi unha época de guerras, na que a poboación vivía atemorizada, o que explica o auxe da comedia, xa que os cidadáns o que buscaban asistindo ás representacións teatrais era evadirse do caos e do sufrimento que os rodeaba.

Biografía

As fontes Os datos bibliográficos sobre a vida de Plauto, escasos e pouco fiables, proceden de dous pequenos fragmentos nos textos de Aulo Xelio e San Xerome, ademais dalgunhas outras referencias illadas en diversos autores coma Cicerón. O carácter fantasioso e novelesco da historia que contan levou a moitos filólogos a dubidar da súa credibilidade. E aínda por riba disto ás veces non resulta doada a interpretación dos textosRomán Bravo, José: Introdución Comedias de Plauto, Volume I. Madrid, Editorial Cátedra, 1989. Páxs. 9-10. ISBN 978-84-376-0857-0

A vida de Plauto Como conta San Xerome, Plauto naceu en Sársina, unha poboación situada na rexión de Umbría, hoxe a Romaña, que el mesmo cita en “Mostellaria”Mostellaria (v.770)- The Latin Library, unha rexión pouco helenizada e sometida polos romanos poucos anos antes da súa data de nacemento, que os estudosos sitúan entre 259 e 251 a. C.Román Bravo, José: Introdución de comedias de Plauto, Volume IMadrid, Editorial Cátedra, 1989. Páx. 11. ISBN 978-84-376-0857-0 , o que fai supor que o propio autor debeu de adquirir en Roma a súa fonda cultura grega e o coñecemento do latín Boado, Mercedes e Frei, María Xesús. Introdución á Anfitrión e Asinaria, Colección clásicos en galego. Editorial Galaxia. Vigo 1992. Versión orixinal Versión en galegoPlautus ex Umbria Sarsinas Romae moritur. (Eusebii Chronicorum, liber II, 1817) Eusebii Chronicorum, liber II, 1817- The Latin LibraryPlauto, procedente de Sarsina, en Umbría, morreu en Roma.

Versión orixinal Versión en galego

Emigrou a Roma onde traballou no teatro, quizais como actor. Gañou cartos que investiu no comercio e quedou arruinado. Tivo que entrar ao servizo do seu acredor, traballando na dura tarefa de darlle voltas ás rodas dun muíño. E foi entón cando comezou a escribir obras de teatro, o Saturio, o Addictus e outra máis da que Aulo Xelio non recorda o título.

Versión orixinal Versión en galego

San Xerome conta o seguinte:

Versión orixinal Versión en galego

A partir deste momento interrómpese a tradición biográfica e só hai as poucas noticias que o propio Plauto pode inserir nos textos das súas obras. As investigacións máis recentes apuntan a que debeu ser un home libre, que chegou a Roma como actor nunha compañía teatral, como comerciante ou mesmo como soldado, dado o profundo coñecemento que mostra da linguaxe militar nas súas comedias.Della Corte, F., Da Sarsina a Roma, Florencia, 1967, Páx. 25

O seu enorme éxito como escritor fixo que se apartase dos traballos físicos (muiñeiro) e que as comedias lle deran o necesario para vivir e máis, posto que morreu con aproximadamente setenta anos, inmensamente rico e cunha gran popularidade entre a sociedade do momento. Existen outras interpretacións que afirman que cando el empregaba a expresión latina “empuxar a pedra do muíño”, non se refería a que traballase como muiñeiro, senón a un estado de extrema pobreza Lejay, P. Plaute, París, 1925, Páx. 5

O personaxe protagonista da obra ciceroniana Sobre a vellez, Catón, afirma que Plauto se sentía moi orgulloso da súa actividade literaria durante a súa vellez.

Versión orixinal Versión en galego

Cicerón fixa a súa morte no ano 184 a. C., que se correspondía coa censura de Catón.

Versión orixinal Versión en galego

Aulo Xelio, que viviu no século I d.C., recolle na súa miscelánea Noites Áticas noticias sobre o epitafio de Plauto:

Versión orixinal Versión en galegoEpigramma Plauti, quod dubitassemus, an Plauti foret, nisi a M. Varrone positum esset in libro de poetis primo: postquam est mortem aptus Plautus, Comoedia luget, scaena est deserta, dein Risus, Ludus Iocusque et Numeri innumeri simul omnes conlacrimarunt. (Gelius, Nottes Atticae, 1,24,3)}}

O problema do nome Son tantas as dúbidas sobre o comediógrafo que mesmo se suxeriu que Plauto non foi máis que un nome baixo o que firmaron as súas obras outros autores, convencidos de que iso garantía que as súas producións acadasen sona inmediata en Roma. Estas inseguridades chegan mesmo ó nome do poeta, e só se sabe con certeza que os antigos o coñeceron polo nome de Plautus.

Suxeriuse que Plautus fose a forma romanizada do cognome Plotus e segundo os etimoloxístas puido facer referencia á forma dos pés (planos), polo que por extensión tamén se aplicaría ós actores de mimo que saían a escena cos pés descalzos, de onde o nome de planipedes; ou ben a un tipo de can con orellas colgantes, como parece suxerir o propio Plauto no prólogo de “Cásina”.Cásina (v.34)- The Latin Library

Versión orixinal Versión en galego

Hoxe adoita aceptarse por unanimidade a designación proposta por Friedrich Wilhelm Ritschl de “Titus Maccius Plautus”, segundo aparece no explicit de “Cásina” do palimpsesto Ambrosiano: T. (Titi) Macci Plauti Casina explicit Ritschl, F., Parergon Plautinum Terentianumque, Leipzig, 1845 , aínda que esta hipótese presenta varios problemas. En primeiro lugar a dificultade de que un escritor de orixe humilde puidese contar co privilexio dos tria nomina e que non existe outro texto ou documento antigo onde aparezan estes tres nomes. E en segundo lugar a propia mención que Plauto fai de si mesmo como Maccus (Asinaria 11 e Mercator 10).

Versión orixinal Versión en galego

Versión orixinal Versión en galego

Unha das moitas teorías que pretenden explicar estas dificultades é a proposta por Bücheler, quen supón que Plauto chegou a Roma co nome de Tito e co alcume burlesco de Plauto, aos que se lle engadiu o sobrenome de Maco; máis tarde, cando acadou a cidadanía romana, formaría o seu nome completo co nome de pila (praenomen Titus), o sobrenome latinizado (nomen Maccius) e o alcume (cognomen Plautus) Román Bravo, José: Introdución de comedias de Plauto, Volume IMadrid, Editorial Cátedra, 1989. Páxs. 11. ISBN 978-84-376-0857-0. 18-19

Obras conservadas. O Corpus Plautino Plauto dedicouse á composición de comediae palliatae, é dicir, comedias de modelo, ambientación e personaxes gregos, coas que se converteu no escritor máis coñecido do seu tempo. Pouco despois da súa morte circularon en Roma unhas 130 comedias baixo a súa autoría, xa que o emprego do nome “Plauto” era garantía de éxito. Un bo exemplo da boa fama da que gozou o autor é o prólogo da obra “Cásina”, redactado trala súa morte: Versión orixinal Versión en galegoQui utuntur uino uetere sapientis puto Et qui lubenter ueteres spectant fabulas. Antiqua opera et uerba quom uobis placent, Aequomst placere ante alias ueteres fabulas. Nam nunc nouae quae prodeunt comoediae Multo sunt nequiores quam nummi noui. Nos postquam populi rumore intelleximus Studiose expetere uos Plautinas fabulas, Antiquam eius edimus comoediam, Quam uos probastis qui estis in senioribus: Nam iuniorum qui sunt, non norunt, scio, Verum ut cognoscant dabimus operam sedulo. Haec quom primum actast, uicit omnis fabulas. Ea tempestate flos poetarum fuit, Qui nunc abierunt hinc in communem locum. (Casina, Prologus 5-19 ) Casina, Prologus 5-19Na miña opinión, os que beben viño vello e os que lles gusta ver comedias antigas son xente con vista; dado que vos gustan as obras e a linguaxe de tempos pasados, é natural que deades a vosa preferencia ás comedias doutras épocas; e é que na realidade, as de hoxe en día son aínda peores que a moeda nova. Nós, ao nos decatar, polo que se escoita dicir, de que existe un grande interese polas comedias de Plauto, puxemos en escena unha vella comedia súa, á que destes o voso aplauso os de maior idade entre vós, os máis novos abofé que non a coñecen; pero agora