Anthonie (Antoon) Cornelis Oudemans, nado o 12 de novembro de 1858 en Batavia e finado do 14 de xaneiro de 1943 en Arnhem, foi un zoólogo neerlandés.

Traxectoria

Era fillo do astrónomo neerlandés Jean Abraham Chrétien Oudemans e neto do filólogo Anthonie Cornelis Oudemans, polo que recibiu o seu nome. A súa tese de doutoramente foi sobre os platihelmintos. En 1885 nomeárono director dos xardíns zoolóxicos da Haia, descrubriu varios insectos e unha especie de primate, o Lophocebus aterrimus. En 1892 publicou The Great Sea Serpent, un estudo dos informes de avistamento de serpes mariñas nos océanos do mundo, e concluíu que tales criaturas debía ser un membro descoñecido dos pinnípedes que el chamou Megophias megophias. Bernard Heuvelmans referiuse a este libro como o comezo da criptozooloxía.

En 1895 deixou A Haia para ensinar bioloxía en Snits. Publicou múltiples artigos científicos, e en 1917 un sobre o extinto dodo, Dodo-studiën: naar aanleiding van de vondst van een gevelsteen met dodo-beeld van 1561 te Vere. En 1942 doou ao Rijksmuseum van Natuurlijke Historie a súa importante colección de ácaros que consistía en 5.981 exemplares de 1.316 especies.Buitendijk, A.M. (1945). Voorloopige Catalogus van de Acari in de Collectie-Oudemans.

Notas

Categoría:Zoólogos dos Países Baixos Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1943