Pteropus giganteus é un morcego cuxo corpo mide uns 30 centímetros de lonxitude e chega a ter unha envergadura de 120 cm. Pesa en media 800 g. O pelo ten tons marrón avermellados, pardos e denegridos, máis claros na parte inferior.
Distribúese ao longo da India, Bangladesh, sur da China, Maldivas, Nepal, Paquistán e Sri Lanka. Vive en bosques, nos que se alimenta de froita. A súa actividade é nocturna desprazándose a zonas cultivadas, onde poden causar graves danos. Durante o día permanecen colgados das árbores sendo moi patente a súa presenza. Conforman grupos xerárquicos. As femias afástanse antes do parto e as crías fican baixo as ás da nai durante cinco meses.
Véxase tamén Bibliografía Boitani, Luigi e Stefania Bartoli (1982) Guía de Mamíferos: 54. Barcelona: Editorial Grijalbo, 1985. ISBN 84-253-1659-6
Categoría:Quirópteros Categoría:Fauna de Asia Categoría:Animais descritos en 1782