Unha viaxe á lúa, no orixinal inglés A Voyage to the Moon: With Some Account of the Manners and Customs, Science and Philosophy of the People of Morosofia and Other Lunarians, é unha novela de ciencia ficción escrita en 1827 polo estadounidense George Tucker. En galego foi publicada por Urco Editora en 2009 e a tradución correu a cargo do ourensán Xabier Cid. Características É principalmente unha sátira mesturada coa reflexión moral así como unha análise económica daquel tempo e unha predición do futuro. Lembra en certos aspectos ás Viaxes de Gulliver.

Cómpre sinalar o enorme interese de Tucker nos avances científicos, aos que se refire seguido. A teoría do Big Splash ou formación da Lúa a partir da Terra é unha das ideas sobre as que xira a obra o autor e que resulta ser unha teoría aceptada nos nosos tempos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A Voyage to the moon en Google Books.

Categoría:Novelas en inglés Categoría:Novelas de ciencia ficción Categoría:Obras literarias de 1827 Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego