Arnuero é un concello costeiro da comunidade autónoma de Cantabria, que forma parte da histórica comarca de Trasmiera. Limita polo norte co mar Cantábrico, polo leste con Noja e Argoños, polo sur con Meruelo e Escalante, e polo oeste con Bareyo.

Localidades Arnuero é tamén localidade do concello, e contaba no 2008 con 2 091 habitantes (INE). A localidade está situada a 43 quilómetros de Santander. En Arnuero atopamos a igrexa da Asunción, que posúe un retablo renacentista, e que foi declarada ben de interese cultural no ano 1993. Arnuero (capital). Castillo Siete Villas. Isla e Isla Playa. Soano.

Economía Até non hai moito tempo, a súa base económica era a gandaría e a agricultura. Nos últimos anos, a economía foise decantando polo turismo. Un 8,7 % da poboación do concello emprégase no sector primario, un 15,5 % na construción, un 20,9 % na industria e un 54,9 % no sector servizos.

Patrimonio

Ten catro praias e é un lugar turístico importante da rexión. Ten como atractivo os seus areais, a súa gastronomía (baseada en produtos hortícolas cultivados nas súas terras) e os seus peixes e mariscos.

Dentro do seu patrimonio, destacan varios bens de interese cultural con categoría de monumento: En Isla atópase o palacio dos Condes de Isla-Fernández, a torre de Cabrahigo, a torre medieval e a igrexa de San Xulián e Santa Basilisa. En Castillo Siete Villas está a torre de Venero. Na capital municipal está a igrexa da Nosa Señora da Asunción, do século XVI, que provén dun mosteiro medieval fundado polos visigodos arredor do ano 650; e o muíño de Castellanos.

Ademais, están protexidos o centro histórico de Isla como lugar ou ruta cultural, e o Hospital de Peregrinos, tamén de Isla, que é ben inventariado.

Demografía

Administración Debido ao aumento demográfico, no 2007 a corporación municipal pasou de ter 9 edís a ter 11. Nas seguintes táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003, 2007 e 2015.Resultados electorales de Arnuero, en ABC

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 988 71,65 % 7 PSOE 198 14,36 % 1 PRC 165 11,97 % 1

Alcalde electo: José Manuel Igual Ortiz (PP).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PP 963 64,11 % 8 PRC 224 14,91 % 2 PSOE 187 12,45 % 1

Alcalde electo: José Manuel Igual Ortiz (PP). Eleccións municipais, 24 de maio de 2015 Partido Votos % Concelleiros PP 1.002 73,3 % 8 PRC 226 16,5 % 2 PSOE 114 8,3 % 1

Alcalde electo: José Manuel Igual Ortiz (PP).

Festas miniatura|Isla. "La Cruz del Cincho": Consiste na colocación cada 50 anos dunha cruz sobre o cumio do Cincho. Esta tradición remóntase ao ano 1763 e a última vez que se celebrou foi no 2000. Semana Santa: Na vila de Soano é tradición facer celebracións dende o venres Santo até o luns de Pascua. San Isidro, o 15 de maio Día da Rexión, primeiro domingo do mes de xuño, dedicada ao folclore de Cantabria. San Pedro, o 29 de xuño, en Castillo Siete Villas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cantabria