The Libertines é unha banda inglesa formada en Londres en 1997 por Carl Barât (voces/guitarra) e Pete Doherty (voces/guitarra). O grupo, centrado na parella de compositores formada por Barât e Doherty, tamén inclúe a John Hassall (baixo) e a Gary Powell (batería). A banda é unha das principais representantes do movemento garage rock revival no Reino Unido.
A banda conseguiu certa notoriedade a principios doas anos 2000. A pesar de que o seu éxito entre o gran público foi inicialmente limitado, este medrou rapidamente, chegando a conseguir un sinxelo número 2 e un álbum número 1 no Reino Unido. En decembro do ano 2004, o seu auto-titulado segundo álbuma foi votado o segundo mellor álbum do ano pola revista NME. Ámbolos dous discos do grupo foron producidos por Mick Jones, da banda The Clash.
A pesar do seu éxito de crítica, a música da banda foi eclipsada acotío polos seus conflitos internos, derivados da adición de Doherty ao crack e á heroína, que finalmente levou á ruptura da banda. Doherty ten afirmado que a separación debeuse ás difíciles relacións entre el e Barât, e non aos seus problemas coas drogas.
E agosto do 2010 os catro membros de The Libertines reuníronse para realizar unha serie de concertos, que recibiron unha resposta positiva dos seareiros e a prensa.
Discografía Álbum Ano Selo Up the Bracket 2002 Rough Trade The Libertines 2004 Rough Trade Anthems for Doomed Youth 2015 Virgin EMI Records All Quiet on the Eastern Esplanade 2024 Casablanca Records, Republic Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da banda
Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais de garage rock revival Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais formados en 1997