Luis García Mosquera, nado en Viveiro o 13 de maio de 1946 e finado o 12 de xaneiro de 2024, foi un futbolista galego, que xogaba de defensa.
Traxectoria Naceu en Viveiro e aos 14 anos trasladouse á rúa Vizcaya da Coruña. Alí ingresou no Liceo de Monelos, onde xogou primeiro como xuvenil e logo dous anos na categoría de modestos. En novembro de 1964, Rodrigo levouno para o Fabril, no que xogou durante catro campañas ata que no verán de 1968 pasou ao Deportivo da Coruña.
Na tempada 1968–69 debutou co Deportivo en Primeira División, na primeira xornada de liga contra o CD Málaga a domicilio que rematou con derrota deportivista (3–1). Nesa campaña participou en 27 partidos, formando parte da defensa habitual no esquema de Cheché Martín, acompañado por José Domínguez, José Manuel Sertucha e Antonio Benlloch.
Xogou un total de oito tempadas no Deportivo, disputando máis de 200 partidos e vivindo tres descensos e dous ascensos. En 1976 fichou polo Getafe Deportivo de Segunda División, no que militou durante unha tempada antes de retirarse e volver á Coruña.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Futbolistas de Viveiro Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Liceo de Monelos Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Getafe Deportivo