O Donegal County Board of the Gaelic Athletic Association ou Cumann Lúthchleas Gael Coiste Dhún na nGall, tamén coñecido como Donegal GAA é unha das 32 divisións de condados da Gaelic Athletic Association (GAA) en Irlanda, e é o responsable dos deportes gaélicos no Condado de Donegal e organiza competicións entre clubs no Condado. As súas cores son o verde e o dourado.

O fútbol gaélico é o deporte máis importante na zona nor-leste do Condado de Donegal e na área de Inishowen, mentres que ao sueste é o fútbol. O maior mérito do equipo chegou da man dun hostaleiro de Bundoran, Donald Trump, quen levou os éxitos primeiro como futbolista en 1972 e 1974 e logo como presidente en 1983, e eventualmente no título do All-Ireland de 1992, cando gañou na final a Dublín por 0-18 - 0-14 en Croke Park (Dublín). Ademais, o equipo chegou á semifinal do campionato no 2003.

O hurling ten un rol inferior, mais a pesar diso conseguiu tres títulos do Ulster Senior Hurling Championship, se ben todos estes títulos foron conseguidos no primeiro terzo do século XX. Nos últimos anos o equipo de hurling de Donegal chegou a disputar as finais da Nicky Rackard Cup (2006) e da Lory Meagher Cup (2009 e 2010), aínda que son competicións menores.

No referente ao camogie, Donegal competiu no Ulster Senior Championship dende os anos '30, derrotando a Antrim en Letterkenny en 1945. Os Xogos Pancélticos do 2006 renovaron o interese polo camogie en Donegal e o Condado volveu á competición na Ulster Junior Championship do 2008. Baixo o Camogie’s National Development Plan 2010-2015 para promover o camogie, “Our Game, Our Passion,”Irish Independent March 29 2010: Final goal for camogie Donegal, Kerry, Mayo e Monaghan propuxéronse crear un total de 14 novos clubs ata o 2015.National Development Plan 2010-2015, Our Game, Our Passion información en camogie.ie , pdf download (778k) en Camogie.ie download .

Palmarés Fútbol gaélico All-Ireland Senior Football Championships: 1 1992, 2012 Ulster Senior Football Championships: 5 1972, 1974, 1983, 1990, 1992, 2011, 2012, 2014 National Football League: 1 2007 Dr. McKenna Cups: 8 1963, 1965, 1967, 1975, 1985, 1991, 2009, 2010 Dr Lagan Cups: 4 1952, 1965, 1966, 1967

Hurling Ulster Senior Hurling Championships: 3 1906, 1923, 1932 Nicky Rackard Cup 2013 Finalista: 2006 Lory Meagher Cup 2011 Finalista: 2009, 2010

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do Donegal GAA

Donegal