O Club de Fútbol Ciudad de Murcia foi un club de fútbol da cidade de Murcia, en España. Foi fundado en 1999 e desapareceu en 2007 cando o seu presidente, Enrique Pina, vendeu todas as accións do club a un empresario dono do Granada 74, que trasladou o domicilio social do club a Granada e cambioulle o nome polo de Granada 74 Club de Fútbol.

Historia Ascensos sucesivos O club xurdiu no verán de 1999 cando Enrique Pina cumpre o seu sono de fundar un equipo de fútbol. Milita a súa primeira tempada en Territorial Preferente e debuta en Terceira División na tempada 2000/01. Logo de perder tan só 3 partidos e de acabar con 99 puntos, queda primeiro do seu grupo no play-off de ascenso, con 4 vitorias, 1 empate e 1 derrota.

Na tempada 2001/02 debuta en Segunda B e logra o quinto posto. Logo de varios anos cambiando de campo, na tempada 2002/03, o club chega a un acordo co Concello de Murcia para poder xogar no Estadio de La Condomina. O equipo clasifícase para o play-off de ascenso e queda encadrado no grupo D con Pontevedra, Barakaldo e Castellón. Os partidos con este último equipo, o segundo máis forte do grupo logo do Ciudad de Murcia, decidiron o ascenso a Segunda División.

Na súa primeira tempada en Segunda, a 2003/04, loita por conseguir a permanencia e acaba no 17º posto. Na seguinte tempada consegue seguir na categoría cun xusto 18º posto. O protagonista de ambas campañas foi Dani Güiza, máximo goleador do equipo, que foi traspasado ao Getafe.

Na terceira tempada na categoría, a 2005/06, o equipo tiña como obxectivo a permanencia. Ao finalizar a primeira volta estaba situado na metade da táboa, pero logo de varios partidos imbatido chegou ás últimas xornadas con posibilidades de ascenso a Primeira División. Na última xornada, tiña que gañar o seu partido e perder o Levante para poder ascender, pero o equipo valenciano gañou e os sonos do Ciudad de Murcia quedaron lastrados.

A venda sen precedentes Na cuarta tempada, a 2006/07 o equipo volve rematar a tempada en cuarta posición. O Concello de Murcia non axudou ao club a construír as súas propias instalacións e chegou a oferta de Carlos Marsá, presidente do Club Polideportivo Granada 74, que quere comprar o club e trasladalo a Granada. O 6 de xuño de 2007 prodúcese esta venda sen precedentes. No último partido da historia do Ciudad de Murcia os afeccionados protestaron a decisión de Enrique Pina.

O renacemento A Federación de Peñas do Ciudad de Murcia mobilízase e exponse a Carlos Marsá que ceda á federación o Ciudad de Murcia B e as bases do equipo. Marsá acepta, xa que a súa idea é a de converter ao orixinal Granada 74 no filial do seu novo club, pero a Federación Murciana de Fútbol advírtelles de que é imposible, xa que o filial é dependente do primeiro equipo e o traslado do Ciudad de Murcia implica a desaparición das bases da Federación Murciana. Vendo que a continuidade do Ciudad de Murcia era imposible, o 25 de xuño de 2007, Evedasto Lifante (antigo directivo do Ciudad de Murcia) conseguiu pechar un acordo co EMD Lorquí, adquirindo o mesmo e cambiando a súa denominación á de Club Atlético Ciudad de Lorquí. O equipo e as categorías inferiores xogan en Lorquí, aínda que o obxectivo é volver xogar en Murcia. Ademais fíchanse a varios xogadores que militaban no Ciudad de Murcia B e a Pepe Aguilar, mítico xogador do Ciudad de Murcia.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta roxinegra, pantalón negro, medias negras. Uniforme alternativo: Camiseta amarela con detalles negros, pantalón negro e medias negras.

Estadio

O Estadio de La Condomina, é o lugar onde o Club de Fútbol Ciudad de Murcia xogaba os seus partidos de local. Ten capacidade para 13.500 espectadores e foi inaugurado o día 25 de decembro de 1924. En 2007 anunciouse que o estadio sería derrubado, para construír un centro deportivo cuberto e ao aire libre.

Datos do club

Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 4 Tempadas en 2ªB: 2 Tempadas en 3ª: 1 Tempadas en Territorial Preferente: 1 Mellor posto na liga: 4º (Segunda tempadas 05-06 e 06-07) Peor posto na liga: 18º (Segunda tempada 04-05) Máximo goleador: Dani Güiza con 21 goles.

Historial Tempada Categoría Posición Copa do Rei1999/00Territorial Preferente1º 10px2000/013ª División1º 10px2001/022ª División B5º1/8 de final2002/032ª División B3º 10px1ª Eliminatoria2003/042ª División17º3ª Eliminatoria2004/052ª División18º3ª Eliminatoria2005/062ª División4º3ª Eliminatoria2006/072ª División4º2ª Eliminatoria

Xogadores Xogadores destacados Fabricio Simone Martín Bernacchia Rolando Zárate Damián Timpani Juan Manuel Viale Carlos Galván Cristian Díaz Gerardo Rivero Esteban D´Assero Luciano Becchio Turu Flores Javier Liendo Alexandre Thiago Schumacher David Eto'o Bleriot Heuyot Daniel Kome Juan Pablo Ubeda Carlos Córdoba Romain Ferrier Carlos Torres João Manuel Pinto Marco Almeida Leo Lerinc Slaviša Jokanović Héctor Font Javier Camuñas Roberto Cuevas Ibán Espadas Dani Güiza Mikel Lasa Mikel Labaka Dani Bautista José Juan Luque Raúl Medina Ayoze Xabi Jiménez Rubén Torrecilla Roberto Merino Henok Goitom Ludovic Assemoassa Jonay Hernández Miku

Adestradores Cronología dos adestradores 1. Paco Pliego, 1999-2000 2. Andrés García Tébar, 1999-2000 3. Antonio Tébar, 1999-2000 4. Alfonso Guzmán, 2000-2002 5. Yeyo e Diego Rodríguez, 2001-2002 6. Javi López, 2002-2003 7. Rafa Muñoz, 2002-2003 8. Crispi, 2002-2003 9. Carlos Orúe, 2002-2003 10. Juanma Lillo, 2003-2004 11. Juan José Enríquez, 2003-2004 12. Fernando Zambrano, 2003-2004 13. Miguel Álvarez, 2004-2005 14. Julián Rubio, 2004-2005 15. Miguel Álvarez, 2004-2005 16. Abel Resino, 2005-2006 17. José Luis Oltra, 2006-2007

Palmarés Terceira División Española (1): 2000-01

Filial

O Ciudad de Murcia B era o primeiro equipo filial do CF Ciudad de Murcia. Foi fundado no ano 2002 e xurdiu coa idea de fornecer xogadores para o primeiro persoal do club. Desapareceu cando o primeiro equipo trasladouse a Granada, pois este era un equipo dependente do primeiro.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do CF Ciudad de Murcia Sitio web do CF Atlético Ciudad

Ciudad de Murcia Categoría:Deporte en Murcia