O americio é un elemento químico de número atómico 95 situado dentro do grupo dos actínidos na táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Am. Todos os seus isótopos son radioactivos. Obtívose por primeira vez en 1944John Emsley Nature's Building Blocks: An A-Z Guide to the Elements. Oxford University Press, 2003, páxina 24Glenn Seaborg The Transuranium Elements. Yale University Press, 1958, páxina 54 na Universidade de Chicago como resultado do bombardeo de plutonio con neutróns por un equipo dirixido por Glenn Seaborg, a súa descuberta fíxose pública o 11 de novembro de 1945Americium and Curium Chemistry and Technology: Papers from a Symposium Given at the 1984. International Chemical Congress of Pacific Basin Societies, Honolulu, Hawaii, 1984. Reidel Pub. Co., 1985, páxina 15 en Quiz Kids, un programa de radio infantil. En 1946Darleane C. Hoffman, Albert Ghiorso e Glenn Theodore Seaborg The Transuranium People: The Inside Story. Imperial College Press, 2000, páxina 117 déronlle nome, que provén de América, de forma análoga ao europio.

O americio emprégase nun tipo de detector de fume que contén unha cantidade moi pequena de Am-241 como fonte de radiación ionizante.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Americio Categoría:Elementos químicos sintéticos