O ahtna ou ahtena é unha lingua na-dené que se fala nos Estados Unidos. Está recoñecida como lingua oficial en Alasca. O ahtna está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Falantes No ano 2004 había menos de 50 falantesBruce E. Johansen The Praeger Handbook on Contemporary Issues in Native America, Greenwood Publishing Group, 2007, páxina 23 nun grupo étnico de 500 persoas. Todos os falantes nativos son maiores de 60 anos.
Distribución xeográfica Hai 8 comunidades entre na área do Río Copper, entre o río Eyak e a súa foz e o alto Susita e Nenana en Alasca.
Usos sociais Aínda que todos os falantes nativos son anciáns hai un aumento do interese entre os ahtena pola súa lingua, Lena Charley editou materiais para a súa aprendizaxe. En todas as escolas athna hai clases de lingua Os primeiros estudos sobre a lingua realizounos James Kari que en 1986 publicou o primeiro libro Tatl'ahwt'aenn Nenn''' (recolleita de historias tradicionais) e en 1990 o primeiro dicionario ahtna. As autoridades das comunidades athna tentan evitar a desaparición da lingua, a escola Ya Ne Dah AhJames Kari et al. Shem Pete's Alaska: The Territory of the Upper Cook Inlet Dena'ina, University of Alaska Press, 2003, páxina 298 aplica un programa de inmersión lingüística en athna dende 1992 en Chickaloon, seguindo este exemplo outra escola abriu en Tazlina. John E. Smelcer é un poeta athna que publicou en 1995 Koht'aene kenaege': Poems in the Ahtna Indian language'' primeira obra literaria escrita en athna.
Historia Orixinariamente os athna vivían en comunidades esparexidas na rexión do río Copper, cada grupo era totalmente autónomo. A presenza rusa deixou poucos préstamos en athna, arredor de 50 palabras e non alterou a cultura athna, a primeira expedición americana na área data de 1885, pero ata comezos do século XX non se asentaron os primeiros colonos. Entre 1941 e 1945 construíuse unha autoestrada e os athna convertéronse en totalmente minoritarios no seu propio territorio.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas O ahtna no Ethnologue O ahtna no Centro das Linguas dos Nativos de Alasca (Alaska Native Language Center)
Categoría:Linguas na-dené Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas