dereita|miniatura|200px|Capela dos Pardo.
O Rebel é un lugar da parroquia de Vilalonga do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo datos do IGE, tiña 123 habitantes no ano 2025, dos que 60 eran mulleres e 63 homes, o que representa un aumento respecto ós anos 2016, cando tiña 104 veciños, e 2009, cando eran 76.
No lugar levántanse dous pazos, moi próximos entre si, o pazo do Rebel e o pazo dos Pardo. O pazo do Rebel, do século XVII, conserva a estrutura de planta cadrada, a portada en arco e a escaleira de pedra con solaina de columnas. Hoxe é un hotel.
O Pazo dos Pardo pertenceu ó Mariscal Suero Gómez de Soutomaior. Posúe unha pequena capela anexa.
Lugares e parroquias Lugares de Vilalonga
Parroquias de Sanxenxo
Notas
Véxase tamén Lugares de Sanxenxo
Rebel