miniatura|Edición das Vidas paralelas de Plutarco de Ulrich Han, 1470 Bioi parallēlloi (en grego "Vidas paralelas" é unha escolma biográfica de Plutarco (s. I) que contén vinte e tres pares de biografías, onde cada par inclúe a oposición dun personaxe grego a outro romano, así como catro vidas desemparelladas. Serían por tanto un total dun cincuenta biografías, corenta e dúas agrupadas por parellas, catro que opoñen dous gregos a dous romanos, e catro que non presentan opoñente. Propósito O obxectivo de Plutarco consiste en extraer, en cada caso, o carácter moral do personaxe, antes que a narración dos acontecementos políticos da época; de aí o tratamento exhaustivo sobre a educación e natural disposición do personaxe, e o relato de anécdotas, calculado para revelar a natureza do home. «Un lance fútil, unha palabra, algún xogo» que «aclara máis as cousas sobre as disposicións naturais dos homes cás grandes batallas gañadas, onde poden caer dez mil soldados».

Cría na compatibilidade de Roma como reitora e de Grecia como educadora. As Vidas conteñen, ademais de senlleiras anécdotas, moitas pasaxes históricas memorables.

Os personaxes Teseo & Rómulo Licurgo & Numa Pompilio Solón & Publícola Temístocles & Camilo Pericles & Fabio Máximo Coriolano & Alcibíades Emilio Paulo & Timoleón Pelópidas & Marcelo Arístides & Catón Filopemen & Flaminino Pirro & Cayo Mario Lisandro & Sila Cimón & Lúculo Nicias & Craso Alexandre & Xulio César Aguesilao & Pompeio Sertorio & Eumenes Foción & Catón o Mozo Aguis e Cleómenes & Tiberio e Caio Graco Demóstenes & Cicerón Demetrio & Antonio Dión & Bruto Artaxerxes e Arato & Galba e Otón

Os relatos biográficos perdidos Remitíndonos a fontes indirectas e textos alternativos pódese establecer que se perderon as biografías referentes a Hércules, Escipión o Africano, Epaminondas, Augusto, Claudio, Metelo ou Nerón.

Véxase tamén

Categoría:Obras literarias en grego