"She's So High" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como o seu sinxelo de estrea o 15 de outubro de 1990. Foi nomeado pola revista NME sinxelo da semana e incluíuse no recompilatorio Blur: The Best Of no lugar de temas máis exitosos da banda. Tamén foi o primeiro corte do álbum de estrea do grupo, Leisure, editado en 1991. O sinxelo acadou o número 48 na lista británica de sinxelos.

Listaxe de cancións 12" "She's So High" "Sing" "I Know" (extended)

7" e casete "She's So High" (edit) "I Know"

CD "She's So High" (edit) - 3:49 "I Know" (extended) - 6:29 "Down" - 5:56

CD europeo "She's So High" (edit) - 3:49 "I Know" - 3:31 "High cool" (easy listening mix) "Bad Day" (leisurely mix)

Categoría:Sinxelos de 1990 Categoría:Cancións de Blur Categoría:Composicións musicais de shoegazing