"Loser" é unha canción do músico estadounidense de rock alternativo Beck, editado como sinxelo do seu terceiro álbum Mellow Gold inicialmente o 8 de marzo de 1993 a través do selo independente Bong Load Custom. Foi escrita por Beck e o produtor Carl Stephenson, e ámbolos dous produciron o tema xunto a Tom Rothrock.

Cando foi editado inicialmente, "Loser" comezou a ter difusión en varias emisoras de rock moderno, e a súa popularidade permitiulle a Beck conseguir un contrato coa subsidiaria de Geffen Records DGC Records. Despois de que a canción fose reeditada pola DGC, acadou o posto 10 na lista Billboard Hot 100 en abril de 1994.

"Loser" foi elixida a novena mellor canción dos anos 90 pola publicación musical de Internet Pitchfork Media, na súa lista das 200 mellores cancións desa década, e Rolling Stone situona no posto 203 na súa lista de 2010 das 500 mellores cancións de todos os temposRolling Stone - 500 greatest songs of all time.

Listaxe de cancións Todos os temas por Beck, agás onde se indique. Bong Load 12" "Loser" (Beck, Carl Stephenson) – 3:58 "Steal My Body Home" – 5:18

CD estadounidense "Loser" (Beck, Carl Stephenson) – 3:58 "Corvette Bummer" – 4:57 "Alcohol" – 3:51 "Soul Suckin Jerk (Reject)" – 6:10 "Fume" – 4:29

7" e casete estadounidense "Loser" (Beck, Carl Stephenson) – 3:58 "Alcohol" – 3:51

7" e casete británico "Loser" (Beck, Carl Stephenson) – 3:58 "Alcohol" – 3:51 "Fume" – 4:29

CD británico e sueco "Loser" (Beck, Carl Stephenson) – 3:58 "Totally Confused" – 3:28 "Corvette Bummer" – 4:56 "MTV Makes Me Want to Smoke Crack" (Lounge Version) - 3:29

Notas

Categoría:Sinxelos de 1993 Categoría:Cancións de Beck Categoría:Composicións musicais de rock alternativo