Manarangi Tutai Ariki, nada en 1946, é unha das catro arikis de Aitutaki (Illas Cook), pertencente á dinastía Manaragi Ariki que tradicionalmente gobernaba no leste da illa, nos distritos de Vaipai e Tauto.
Traxectoria
O ariki dos Manaragi Ariki vivía en Nova Zelandia desde había anos, asumindo as súas funcións pero non o título o pai de Tutai tras ser elixido polo Kopu Ariki, pero ao se facer vello pasoulle as funcións á súa filla en 1996, finalmente recibiu a investidura no ano 2000 sucedendo definitivamente a seu primo. Tutai é membro da Cámara dos Ariki e do Consello da Illa de Aitutaki, profesionalmente dedícase ao sector turístico.
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en elocal Blog de Manarangi Tutai Ariki
Categoría:Arikis Categoría:Nados en 1946