Isaac Vila Rodríguez, nado en Xinzo de Limia o 4 de xuño de 1936, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Mestre de profesión, empresario, director de banca e xefe de zona. Foi elixido alcalde de Xinzo de Limia nas primeiras eleccións democráticas tras lograla maioría simple á fronte da UCD. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega e foi reelixido alcalde cunha ampla maioría absoluta. Foi reelixido nas municipais de 1987 á fronte da coalición de Alianza Popular e Centristas de Galicia, novamente cunha ampla maioría absoluta. En 1989 resultou elixido senador por Ourense para a V Lexislatura (1989-1993), nas listas da coalición do PPdeG e Centristas de Galicia. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura de Conerxencia Centrista e foi reelixido con maioría simple. En decembro de 1991 pasou a formar parte do PPdeG trala integración neste do seu partido Centristas de Galicia. Nas eleccións municipais de 1995 revalidou a alcaldía con maioría absoluta á fronte do PPdeG. Nesa lexislatura foi condenado e inhabilitado pola Xustiza para o desempeño de cargo público, polo que renunciou á alcaldía en decembro de 1997 e foi substituído na alcaldía por Ramón de la Fuente Galván. Durante o seu período na alcaldía foi chegou a ser deputado e vicepresidente da Deputación de Ourense. Tras cumprila condena, nas municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser senador dende 2004 ata 2008. Nas municipais de 2007 foi reelixido alcalde con maioría absoluta. En marzo de 2010 volveu ser senador en substitución dunha compañeira. O 11 de outubro de 2010 dimitiu como alcalde de Xinzo ante o pleno municipal e resultou elixido como novo alcalde o seu compañeiro Antonio Pérez Rodríguez.
Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais en Xinzo de Limia
Ligazóns externas Ficha no Senado Resultados das eleccións locais en Xinzo de Limia
Categoría:Alcaldes de Xinzo de Limia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia por Centristas de Galicia Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes